A voceira municipal asegurou que este problema tradúcese nunha desvalorización do territorio desde o punto de vista urbanístico e un impedimento para o desenvolvemento da vida en termos de calidade de vida Lugo, 9 de decembro de 2020. A portavoz municipal de Cs, Olga Louzao, denunciou esta mañá a falta de continuidade urbana e o tapón urbanístico existente na confluencia das rúas Dona Urraca, rúa dos Gardas e Revista Ronsel. «Debido a unha deficiente execución do planeamento urbanístico a zona norte da cidade sofre un problema grave de falta de continuidade urbana o que esta xerando neste punto tapones urbanísticos inasumibles para unha cidade como Lugo. Este problema tradúcese nunha desvalorización do territorio desde o punto de vista urbanístico e un impedimento para o desenvolvemento da vida en termos de calidade de vida. De todas as zonas afectadas, unha das máis prexudicadas é a contorna da rúa Dona Urraca onde se interrompe o trazado urbano de forma gravísima e non existe conexión coas rúas Dos Gardas e Revista Ronsel», afirmou a concelleira da formación laranxa. «O Goberno debe actuar nesta zona historicamente esquecida polos distintos gobernos socialistas na nosa cidade. Especialmente gráfico é o estado de abandono da rúa Revista Ronsel que carece de pavimento e non conta cunha saída en condicións. A pesar das continuas queixas veciñais o Goberno local continúa incomprensiblemente sen actuar neste punto nun agravio comparativo con outras áreas do municipio. Esiximos que acheguen soluciones coa máxima urxencia», sinalou.
Un urbanismo obsoleto con un PXOM ineficaz para o Lugo do século XXI A portavoz municipal achacou estas anomalías urbanísticas á falta de vontade política evidenciada polo executivo da Lara Méndez e a un plan urbanístico desfasado. «É evidente que Lugo necesita adaptar o seu plan urbanístico á realidade do século XXI. Contamos cun documento obsoleto deseñado fai máis dunha década e que prevé o desenvolvemento dunha cidade de 300.000 habitantes cando a realidade lucense é avanzar cara a unha urbe que a duras penas superará os 100.000 habitantes. A vixencia dun plan urbanísitco, é, como máximo, de 12 anos segundo os expertos. É necesario revisar o plan e contar cun documento real que permita deseñar unha cidade moderna, funcional e que posibilite aumentar a calidade de vida en harmonía co medioambiente e a sustentabilidade. É urxente reorganizar o solo dentro do entramado urbano e apostar pola rehabilitación en vez de pensar en desenvolver novas bolsas de solo periféricas que de xeito evidente quedarán a medio executar xerando unha perigosa falta de continuidade urbana», concluíu.