- A voceira municipal, Olga Louzao, celebra que se suspenda o pago polas terrazas proposto por Cs o pasado luns pero advirte de que é necesario poñer en marcha outras iniciativas paralelas para acudar as PYMES como modificar a ordenanza de recollida de residuos sólidos e a subministración de auga para que as empresas afectadas polo estado de Alarma non paguen por un servizo que non están utilizando
Lugo, 24 de marzo de 2020. A portavoz municipal de Cs Lugo, Olga Louzao, celebrou esta mañá o cambio de criterio do Goberno local ante o anuncio de exonerar o pago de terrazas.«É absolutamente necesario tomar medidas para mitigar o efecto económico que o Covid-19 terá sobre anosa economía local. O luns da semana pasada propuxemos un paquete de medidas fiscais que ten por obxectivo aliviar a economía das pequenas e medianas empresas do noso municipio e contribuír a freara escalada exponencial do desemprego. Celebramos que agora, ante a prolongación do confinamento, o Concello teña en conta as nosa iniciativa», sinalou a portavoz da formación laranxa en relación ao pago das terrazas.
Sen embargo, Louzao asegurou que os pasos dados polo Goberno local son «dexeito evidente insuficientes» e que« é necesario articular todos os mecanismos ao alcance desta administración local para mitigar os efectos desta crise sen precedentes». Deste xeito Cs Lugo aposta por modificar a Ordenanza 204 para introducir bonificacións do máximo legal no Imposto sobre actividades económicas (IAE) durante 2020. Tamén considera necesario introducir modificacións para que os vehículos de uso profesional sexan bonificados no pago do Impostosobre vehículos de tracción mecánica no próximo período de pagofiscal en que sexa posible aplicar dita bonificación», apuntou Louzao.
«A alcaldesa debe actuar. É prioritario modificar a Ordenanza 108 que regula a recollida de residuos sólidos urbanos para que os negocios que non sexan considerados de primeira necesidade e que se viron afectados polo cese de actividade estean exentos de pagar este tributo na porcentaxe correspondente a duración da crise. O mesmo sucede coa Ordenanza 109 que regula a subministracióndo auga. «Débense introducir bonificacións na 109 para compensaras perdas polo cese de actividade durante o tempo que dure a crise».