- Julio Valiñas, voceiro de Cs Silleda: “pedimos responsabilidades políticas e explicacións ao Goberno Local sobre cómo se levou a cabo o seguimento das obras”
Silleda, xoves 11 de outubro de 2018. O portavoz de Cs Silleda, Julio Ramos Valiñas denuncia os “desastrosos traballos” realizados nas estruturas de formigón da edificación que forman parte do renovado campo de futbol de A Gandadeira da Bandeira. Unhas obras nas que se fixo un investimento de máis de 1,200,000 euros.
Desde Cs en Silleda, Ramos alerta do perigo que esta “mala execución de obras” pode suponer para os usuarios xa que “nalgunhas vigas de carga de formigón armado, pódense apreciar a existencia de gretas”. “En parte dos muros divisorios tamén se aprecian gretas considerables; uns muros que na súa maioría foron enmantados con materiais para encubrir as fisuras do formigón” denuncia Julio Valiñas.
Unha situación, a denunciada por Cs que, que “pode poñer en dúbida a profesionalidade de calidade de execución dos traballos realizados ou a baixa calidade dos materiais empregados, e mesmo as garantías a curto ou longo prazo da estrutura” alertou o voceiro local de Cs.
Desde Cs Silleda considerase que estas anomalías que se aprecian nas obras “demostran” o pésimo interese do concello na examinación e visualización da calidade dos traballos realizados, e por iso, desde Ciudadanos “pedimos responsabilidades políticas e explicacións ao Goberno Local de como e de qué xeito se levou a cabo o seguimento das obras”.