·  A portavoz municipal de Cs recordou que o seu grupo presentou en xaneiro de 2021 unha proposición ao Pleno no que se instaba a Goberno a establecer unha vía de dialogo para poñer a disposición da veciñanza este aparcadoiro entre outros da zonas do centro que depende doutras administracións públicas, sen que nin PSOE ni BNG moveran un solo dedo

A portavoz municipal de Cs, Olga Louzao, instou esta mañá a Goberno local a deixar a un lado as sas diferencias para abrir de forma inmediata o aparcadoiro do Centrad.

«Estamos ante un goberno local que fracasa unha e outra vez en dar solucións eficaces aos problemas da veciñanza. Continúan inmersos na súa particular Guerra Fría para ver quen acada máis cota de poder. Trátase do bigoberno da propaganda, onde o importante non é a veciñanza se non acadar rédito electoral  en casa un dos seus anuncios. Cada decisión mídese unicamente en términos de rédito electoral.

Deben reconducir a súa relación polo ben da cidade que está sumida no bloqueo. A actitude mantida por Méndez e Arroxo e eticamente e politicamente censurable. E o que é peor, repercute de forma negativa na calidade de vida dos veciños e veciñas de Lugo», sinalou a concelleira da formación laranxa. Louzao recordou que o seu grupo presentou en xaneiro de 2021 unha proposición ao Pleno no que se instaba a Goberno a establecer unha vía de dialogo con Xunta e Deputación para poñer a disposición da veciñanza este aparcadoiro, entre outros da zonas do centro que depende das administracións públicas, sen que nin PSOE ni BNG moveran un solo dedo.

«Levamos moito tempo avisando de que a falta de aparcamento na zona centro é un problema serio na nosa cidade que repercute negativamente no noso comercio local e que lastra o desenvolvemento económico do municipio. Agora compiten por acaparar o éxito dunha iniciativa que tiña que estar funcionando desde hai maís dun ano sen importarlle o que pasa con veciños», concluíu.