·  A portavoz municipal de Cs considera que o Gobenro local evidencia semana tras semana e mes tras mes que non está capacitado para xestionar a cidade. Asegura que os veciños xa non confían na política do anuncio baleiro de Méndez. Insta ao goberno local a poñer en funcionamento está infraestructura comprometida desde hai unha década pola importancia dos seus servizos para os veciños da zona norte

A portavoz municipal de Cs, Olga Louzao, instou esta mañá ao Goberno local a abrir sen máis demora o novo centro social construído no barrio da Piringalla e comprometido desde hai máis dunha década. Louzao criticou a incapacidade do PSOE para xestionar os asuntos máis elementais da cidade e asegurou que o bipartito constitúe un goberno fracasado cuxas desavenencias impiden poñer en funcionamento servizos fundamentais para mellorar a calidade de vida da veciñanza.

«A alcaldesa, Lara Méndez, anunciara en xuño de 2020 que o novo centro social da Piringalla comezaría a funcionar en agosto de 2021, sen embargo medio ano despois da data anunciada esta infraestructura municipal atópase na práctica sen actividade. A súa incapacidade para realizar un xestión eficaz é o único motivo deste peche», asegurou a concelleira da formación Laranxa. A portavoz municipal de Cs considera que o Goberno local evidencia semana tras semana e mes tras mes que non está capacitado para xestionar a cidade.

«Os veciños xa non confían na política do anuncio baleiro de Méndez cuxos compromisos coa cidadanía chegan con anos de atraso ou caen en saco roto. O único capaz de executar en tempo son os proxectos europeos porque, doutro xeito, perdería o financiamento. O centro de convivencia interxeracional da Piringalla é un servicio necesario para os veciños e veciñas da zona norte da cidade, que sofren desde fai décadas o abandono por parte dos sucesivos gobernos socialistas. Estamos a falar de que o complexo debe cubrir carencias desatendidas desde 2006 como a necesidade dunha biblioteca e outros servizos básicos para o barrio na actualidade como a bebeteca para menores de 3 anos. Así mesmo debe dotar a zona de áreas infantís e xuvenís e salas de lecturas e de reunións para adultos que axuden a corrixir o déficit de salas de estudo municipais na cidade», dixo. Louzao acusou ao Goberno de improvisación constante e de ser incapaz de cadrar as contas.

«Méndez percorre o mandato de anuncio en anuncio, sen embargo e incapaz de cadrar as contas e de realizar as previsións orzamentarias necesesarias para abrir as infraestructuras que se atopan en execución. Este é o caso do centro social da Piringalla, rematado desde hai máis de medio ano pero baleiro. Descoñecemos cales son os gastos anuais asociados ao funcionamento e mantemento deste novo espazo municipal; con que se equipará e que contratacións de persoal prevense como esixencia do funcionamento pleno desta infraestructura», concluíu Louzao.