·  A portavoz municipal de Cs pide ao Goberno local actuar con urxencia na rúa Rof Codina e critica a ausencia de beirarrúas na zona, tapóns urbanísticos e un clamoroso incumprimento da Lei de accesibilidade. «É necesario rexenerar este barrio emblemático da cidade para frear a perda de poboación e asegurar a supervivencia da zona», asegurou

A portavoz municipal de Cs, Olga Louzao, instou esta mañá a Goberno local a acometer as melloras necesarias no barrio de Montirón, onde preocupa o estado de abandono do firme de numerosas vías e a ausencia de beirarrúas en tramos clave para a conexión da zona co resto da cidade.

«Desde este grupo puidemos comprobar en reiteradas ocasións o estado de abandono no que se atopa o firme da rúa Rof Codina e as numerosas deficiencias que existen no barrio de Montirón na contorna da praza das Illas. Ao problema do firme, sumase o tapón existente á altura do número 41 da rúa Rof Codina en sentido á praza de San Xoán, onde ata fai unhas semanas había unha palmeira, e agora que a cortaron quedou o tocón facendo de ese tramo un auténtico perigo para os viandantes e veciños e veciñas da zona», sinalou a concelleira da formación laranxa.

«É necesario rexenerar este barrio emblemático da cidade para frear a perda de poboación e asegurar a supervivencia da zona. Non podemos esquecer que durante o pasado verano os veciños tivéronse que coordinar para evitar a okupación de varios inmobles » asegurou.

«As demandas veciñais non están sendo atendidas. Os xogos da praza das Illas atópanse en mal estado e a limpeza viaria na zona presenta numerosas anomalías. Tamén é necesario aumentar a vixilancia para garantir a seguridade e evitar posibles problemas de convivencia. Ademais a suposta reforma do local da asociación veciñal acometida polo PSOE e unha chapuza maiúscula que se reduciu a un lavado de cara que non soluciona os problemas de humidades e fai o local inservible.  Por todo isto, solicitamos ao Goberno local que leve a cabo as accións necesarias para corrixir estas deficiencias no barrio de Montirón coa máxima urxencia», dixo.

Clamoroso abandono do barrio

«Preocúpanos a falta de seguridade viaria motivada pola falta de visibilidade en condicións meteorolóxicas adversas nos puntos sinaldos. É necesario que o Goberno local actúe sobre o tapón de Rof Codina de inmediato. Así mesmo, e necesario  crear beirarrúas cara a rúa Illa da Toxa, pois son case inexistentes. O barrio está cheo de barreiras que dificultan o tránsito e existe unha ausencia total de planificación para a adaptación da zona á Lei de accesibilidade.

Exemplo disto, é o tramo de beirarrúa dende o número 46 de Rof Codina cara a praza San Xoán, xa que hai uns bolardos, que unidos ao vello aparcadoiro do antigo Cash-Ifa, fan intransitable a zona para unha cadeira de rodas ou carriño de bebés», concluíu.