A  voceira municipal asegurou que este problema tradúcese nunha desvalorización do territorio desde o punto de vista  urbanístico e un impedimento para o desenvolvemento da vida en termos de calidade de vida Lugo, 9 de decembro de 2020.  A portavoz municipal de  Cs, Olga Louzao, denunciou esta mañá a falta de continuidade urbana e o tapón  urbanístico existente na confluencia das rúas Dona Urraca,  rúa dos Gardas e Revista  Ronsel. «Debido a unha deficiente  execución do  planeamento  urbanístico a zona norte da cidade sofre un problema grave de falta de continuidade urbana o que esta xerando neste punto tapones  urbanísticos inasumibles para unha cidade como Lugo. Este problema tradúcese nunha desvalorización do territorio desde o punto de vista  urbanístico e un impedimento para o desenvolvemento da vida en termos de calidade de vida. De todas as zonas afectadas, unha das máis  prexudicadas é a contorna da rúa Dona Urraca onde se  interrompe o trazado urbano de forma  gravísima e non existe conexión coas rúas Dos  Gardas e Revista  Ronsel»,  afirmou a concelleira da formación laranxa. «O Goberno debe actuar nesta zona historicamente esquecida polos  distintos gobernos socialistas na  nosa cidade.  Especialmente gráfico é o estado de abandono da rúa Revista  Ronsel que carece de pavimento e non conta cunha saída en condicións. A pesar das  continuas queixas veciñais o  Goberno local continúa  incomprensiblemente sen actuar neste punto nun agravio comparativo con outras áreas do municipio. Esiximos que acheguen  soluciones coa máxima urxencia», sinalou.
Un urbanismo obsoleto con un PXOM ineficaz para o Lugo do século  XXI A portavoz  municipal achacou estas anomalías urbanísticas á falta de  vontade política evidenciada polo executivo da Lara Méndez e a un plan  urbanístico  desfasado. «É evidente que Lugo necesita adaptar o seu plan  urbanístico á realidade do século  XXI. Contamos cun  documento obsoleto deseñado fai máis dunha década e que prevé o desenvolvemento dunha cidade de 300.000 habitantes cando a realidade lucense é avanzar cara a unha urbe que a duras penas superará os 100.000 habitantes. A vixencia dun plan urbanísitco, é, como máximo, de 12 anos segundo os expertos. É necesario revisar o plan e contar cun  documento real que permita deseñar unha cidade moderna, funcional e que posibilite aumentar a calidade de vida en harmonía co  medioambiente e a  sustentabilidade. É urxente  reorganizar o solo dentro do  entramado urbano e apostar pola rehabilitación en vez de pensar en desenvolver novas bolsas de solo periféricas que de xeito evidente quedarán a medio executar xerando unha perigosa falta de continuidade urbana», concluíu.