·    O concelleiro anunciou que complexo hospitalario HULA solicitou a semana pasada o permiso para levar a cabo esta práctica e que, de ser aprobada a proposta de Cs de outubro, os tempos administrativos reduciríanse a cero,o que permitiría ter máis eficacia na loita contra o virus  Lugo, 7 de decembro de 2020.  O concelleiro de Cs Lugo, Juan Vidal-Pardo, instou esta mañá ao Goberno local a reformularse a proposición suscitada polo seu grupo municipal para realizar análise das augas fecais nos complexos hospitalarios, os asilos e nas residencias de persoas maiores para detectar con antelación posibles brotes de Covid-19 como medida de loita activa contra o virus. «Cónstanos que a semana pasada o complexo hospitalario HULA solicitou por escrito ao Concello acceso aos sumidoiro para realizar analíticas para a detención do virus. Si o Goberno local considerase a nosa propostas presentada no mes de outubro estas análises xa se estarían realizando a día de hoxe tanto no HULA como nas residencias de maiores e asilos da cidade. Polo que nestes momentos contariamos cunha información moi valiosa para adiantarnos na evolución do virus. Instamos a Álvaro Santos a que recapacite e poña en marcha esta iniciativa ante a súa probada efectividade  e ante a evidente necesidade deste tipo de equipamentos como constata que o HULA inicie os trámites para facelo pola súa conta. É necesaria a colaboración entre administracións e coa iniciativa privada para optimizar a loita contra o virus», sinalou o concelleiro da formación laranxa. Vidal-Pardo criticou con dureza a falta de vontade política mostrada polo Goberno local e a súa indiferenza ante as oportunidades para loitar contra o virus desde as competencias da administración local auqnue involucrou tamén a Xunta de Galicia pra que a iniciativa teña éxito. «Somos conscientes de que esta iniciativa só abarca ao Concello de Lugo senón que é necesaria a coordinación entre a Administración local e autonómica», dixo. «A análise das augas residuais pode proporcionar un aviso anticipado das dinámicas de infección por Sars-CoV-2 nas comunidades antes de que se notifiquen as probas positivas, como avala un estudo publicado na revista científica Nature Biotechnology. O mesmo estudo tamén indica que os datos das augas residuais anticípanse entre un e catro días antes das admisións hospitalarias e entre 6 e 8 días antes das probas positivas», sinalou o edil. «Este lapso de tempo explícase en gran medida polos atrasos na notificación dos resultados das probas. Unha simple proba analítica en cada unha das nosas residencias de maiores podería detectar rapidamente que o virus colouse nalgunha delas me tomar as medidas oportunas de realización de PCR a traballadores e residentes e proceder ao rastrexo e illamento inmediato dos contaxiados», concluíu.