·    A portavoz municipal, Olga Louzao, A voceira municipal, Olga Louzao, asegurou que nesta ocasión o Goberno local non se pode poñer de lado e apelou a responsabilidade do bipartito para que apoie una medida necesaria que chega xa con meses de atraso Lugo, 13 de novembro de 2020.  A portavoz municipal de Cs, Olga Louzao, anunciou esta mañá que o seu grupo propoñerá no próximo pleno poñer en marcha un plan de alivio fiscal destinado a mitigar os afectos da segunda ola sobre a hostalería. «O pasado mes de maio propúxenos no pleno unha iniciativa similar que foi rexeitada polo grupo de Goberno. Avisabamos entonces de que esta crise debilitaría irremediablemente o sector hostaleiro da nosa cidade coas consecuencias sociais que iso implica e o Goberno local mirou para outro lado. Esta segunda ola da Covid leva aparellada unha ola adicional, de carácter económico, que ameaza con deixar nunha situación de vulnerabilidade a moitas familias. Polo tanto, esta administración debe adquirir un compromiso serio con este sector e poñer os medios necesarios para salvagardar as súas actividades», sinalou a concelleira. Louzao aposta por exencións fiscais non incompatibles con axudas directas. «Consideramos prioritario introducir modificacións para que os vehículos de uso profesional coa finalidade de realizar labor comercial e reparto de mercancías das empresas subministradoras do sector hostaleiro sexan bonificados no pago do Imposto sobre vehículos de tracción mecánica. Do mesmo xeito, consideramos esencial modificar a Ordenanza 108 que regula a recollida de residuos sólidos urbanos para que os negocios que se viron afectados por este novo cese de actividade estean exentos de pagar este tributo», dixo. «Do mesmo xeito propoñemos modificar a Ordenanza 109 que regula o abastecemento do auga. Non é xusto que paguen pro un servizo que no consumen. Tamén é prioritario adaptar a 203, que regula o imposto sobre bens inmobles. Para rematar valoramos a posibilidade de introducir bonificacións na ordenanza 104 que regula a apertura de establecementos para fomentar a creación de novas actividades», proseguiu.Críticas a xestión do Goberno local Por último, Louzao amosouse crítica coa xestión levada a cabo polo executivo de Lara Méndez. «Esta administración acumula meses de retraso en tomar decisións  neste senso. O  Plan Reanima foi a todas luces insuficiente. É obvio que a situación agravouse co pasos dos meses. Coas modificacións fiscais ao alza levadas ao Pleno do mes pasado non se amosou nin a máis mínima preocupación ante a situación actual e ignorou as solicitudes deste grupo e do tecido asociativo empresarial en relación a necesidade de reducir a carga fiscal», apuntou. «É necesario romper o inmobilismo crónico do Concello de Lugo en materia fiscal e é fundamental apoiar a hostalaría local de forma clara e directa a través dunha redución fiscal puntual», concluíu.