·    A portavoz municipal esixe ao Goberno local que exerza o seu labor de control, xa que existe constancia de que se instalan postos clandestinos e con mercancía de dubidosa procedencia. Ademais existe malestar entre os veciños polo lixo que se acumula na zona como consecuencia desta actividade paralela Lugo, 6 de novembro de 2020.  A portavoz municipal de Cs, Olga Louzao, denunciou esta mañá a falta de control no mercadillo que se celebra todos os martes e venres no parque da Milagrosa. O coñecido como Mercadillo de Firgsa é unha actividade regulada que con todo, e como consecuencia da falta de supervisión por parte do Goberno local, reune unha cantidade importante de vendedores sen autorización que comercializan con mercancia de dubidosa procedencia. «Veciños da zona e usuarios deste mercadillo  trasladáronnos o seu malestar polo comercio ilegal de produtos de dubidusa procedencia que se leva a cabo nun área moi determinada deste mercadillo. Esiximos á concelleira responsable deste área, Cristina Lópaz, que tome as medidas necesarias para garantir o futuro desta actividade e evitar que se deteriore o seu prestixio», aseguro a concelleira da formación laranxa. De forma paralela a este problema, a actividade clandestina dentro do Mercadillo de Frigsa esta xerando problemas de convivencia na zona. Louzao instou ao Goberno local a tomar cartas no asunto para evitar futuros conflitos. «Recibimos chamadas todas as semanas con denuncias polo lixo xerado e espallado polo aparcadoiro de detrás do auditorio Gustavo Freire. Ademais, nas zonas próximas aos contedores de lixo das rúas adxacentes deposítase gran cantidade de mercancía desechada que contribúe a degradar a zona e que xera problemas de salubridade. Instamos ao Goberno local a que leve a cabo o labor de supervisión necesaria e que evite que se desperdiguen o lixo e os enseres abandoados no aparcadoiro e na rúa Río Narla. Esta falta de dilixencia é inadmisible e a inacción rematará por destruír a actividade comercial lexítima deste mercadillo de longa tradición na zona norte», advertiu Louzao.Necesidade de dinamizar o mercadilloLouzao solicitou ao Goberno local medidas para dinamizar este mercadillo no que a presenza de postos viuse reducida drásticamente nos últimos meses, en xullo apenas 30 postos dos 100 habituais, como consecuencia da crise sociosanitaria derivada do Covid-19. «É necesario poñer en marcha medidas de dinamización para evitar que este mercadillo morra. O aumento do control e os labores de supervisión, unidas á limpeza e as actividades dinamizadoras contribuirían sen dúbida a salvar o mercadillo de Frigsa e a que a veciñanza poida acudir coas máximas garantias de seguridade sanitaria no futuro. É necesaria que o bipartito tome medidas urxentes para cando se retome a actividade», concluíu.