·      A voceira municipal. Olga Louzao, asegurou que a súa formación esta disposta a tomar as accións necesarias para garantir que o Goberno local cumpra coas súas obrigas en materia de transparencia

Lugo, 7 de outubro de 2020. A voceira municipal de Cs, Olga Louzao, denunciou está mañá a falta sistemática de transparencia amosada polo Goberno local ao ocultar intencionadamente a oposición a finalidade de 1,7 millóns de euros. «O mes pasado aprobouse co voto favorable do grupo de Goberno unha modificación de crédito por valor de 1,7 millóns de euros. Devandita modificación de crédito é, segundo argumenta o Goberno local, para levar a cabo actuacións fronte a Covid. Sen embargo, na memoria do expediente non se especifica nin unha soa acción concreta», sinalou a concelleira da formación laranxa.

Louzao mostrouse moi crítica coa actitude sostida por parte do bipartito e censurou de forma especial o comportamento da Alvarellos. «A responsable do área e de Gobernanza e Recursos Humanos, Paula Alvarellos, negouse a respostar a este grupo na comisión pertinente sobre o destino deste diñeiro argumentando que pertencía a outra concellería. É unha escusa inadmisible e estamos dispostos a tomar as accións necesarias para garantir que o Goberno local cumpra coas súas obrigas en materia de transparencia» sinalou Louzao. «Estamos nun momento social e económicamente compricado que precisa, maís que nunca, adicar recursos públicos ao verdadeiramente importamte dun xeito eficaz e dun xeito riguroso. O que estamos vendo e unha falta de transparencia total cos cartos de todos os lucenses», proseguiu.

Críticas ao uso partidista dos cartos públicos

Louzao asegurou que o sucedido con esta modificación de crédito non é un caso illado, se non que ven sendo unha constante ao logo de todo o mandato. «Non soamente ocultan o destino dos cartos, se non que levan a cabo unha xestión partidista do diñeiro de todos os lucenses. Esiximos coñecer as acción concretas as que se dedicará este montante e que orzamento se destinará a cada iniciativa. Ademais queremos saber para cando estima o Goberno local que se porán en marcha as iniciativas financiadas con esta modificación de crédito e coñecer a cifra de cantos veciños o veciñas se estima que se beneficiarán, directa ou indirecta, das accións tomadas con estes cartos e que obxectivos concretos buscan devanditas accións», concluíu Louzao.