•   A portavoz municipal de Cs, Olga Louzao, valorou a actitude receptiva mostrada por parte da representante do Goberno local aínda que lle sorprende os nulos avances en asuntos pendentes desde o pasado mandato como a actualización do rueiro fiscal ou os estudos de custos

Lugo,  26 de xuño de 2020.    A portavoz municipal de Cs, Olga Louzao, mostrouse moderadamente satisfeita esta mañá trala celebración da mesa de ordenanzas aprobada no pleno a proposta do grupo municipal de Cs. Louzao valorou de forma positiva a actitude receptiva mostrada por parte da representante do Goberno local, Paula Alvarellos, aínda que lle preocupa a falta de traballo previo a esta convocatoria que sen dúbida ralentizará os avances na revisión da fiscalidade municipal. «Sorpréndenos que non se realizaron progresos na actualización do rueirio fiscal. Na nosa opinión trátase dun asunto capital para abordar a modificación de ordenanzas e é un compromiso adquirido polo Goberno de Lara Méndez desde o pasado mandato. Do mesmo xeito é necesario contar con estudos de custos ata agora inexistentes que poderían estar xa realizados », sinalou a concelleira da formación laranxa.

Louzao adiantou que o seu grupo presentou unha extensa e minuciosa proposta de actualización das ordenanzas fiscais que se centra nos puntos estratéxicos que definen o proxecto de cidade de Cs Lugo. Desta proposta destaca a aposta pola conservación do medio ambiente e a promoción da reciclaxe a través de bonificacións na ordenanza 108 que regula a recollida de lixo e no Imposto sobre Construcións, Instalacións e Obras (ICIO) para aqueles que leven a cabo traballos de mellora da eficiencia enerxética. Do mesmo xeito, bonifícase o Imposto sobre Bens Inmobles pola instalación sistemas de aproveitamento térmico da enerxía solar para autoconsumo.

No que se refire ás medidas fiscais para o fomento do emprego e a actividade económica, Louzao propón bonificar o IBI, o IAE, o ICIO e as Plusvalías para aquelas empresas que incrementen o seu persoal coa contratación de novos traballadores. Do mesmo xeito, se promove a creación de emprego e a instalación de novas empresas no municipio a través con bonificacións de ata o 60% para as empresas que elixan Lugo para o desenvolvemento da súa actividade.

Capítulo a parte tivo durante a intervención de Louzao na xuntanza a necesidade de poñer en marcha mecanismos fiscais destinados a paliar os efectos da crise social e económica froito da Covid-19. «Insistimos na necesidade de bonificar o IBI e o IAE para as empresas de hostalaría, ocio e culturais do noso municipio. Tamén en e necesario non cobrar por servizos non prestados como a recollida de lixo ou a  subministración de auga. Outro punto fundamental e bonificar o IVTM para vehículos de uso profesional», apuntou a edila.

Promoción do aluguer e bonificacións para familias monoparentais

Así mesmo, Louzao sinalou que espera que o Goberno local recolla a súa proposta de bonificar o imposto sobre bens inmobles a aqueles propietarios de casas e pisos que inclúan as súas propiedades baleiras en programas de axuda ao aluguer. Para rematar a portavoz mostrouse optimista sobre a posibilidade de lograr que as familias monoparentais se equiparen ás familias numerosas dentro da ordenanza 116 que regula a prestación de servizos nas escolas infantís. «Pola actitude mostrada pola representante do Goberno local consideramos factible que esta proposta pode traducirse nun realidade», concluíu.