•   A voceira municipal, Olga Louzao, ve necesario impulsar de forma real o Consello Municipal de Turismo como órgano vertebrador e de participación da sociedade civil na toma de decisións. Ademais critica o papel irrelevante do Goberno lcoal  en Fitur e acusa ao executivo de desaproveitar o potencial de Lugo ao non promover o turismo cultural

 

Lugo,  11 de febreiro de 2020.  A voceira municipal de Cs, Olga Louzao, instou esta maña ao Goberno local a elaborar unha estratexia coherente para promover o turismo no municipio. «O gran potencial turístico da nosa cidade debe ser aproveitado. As políticas de promoción turística non se poden soster na improvisación e en accións inconexas que non responden a un obxectivo claro e definido. O goberno bipartito non pode esconder as súas carencias nesta materia no incremento que experimentou o número de visitas nos últimos anos. Debemos suscitar un modelo turístico que consolide a Lugo como un destino de referencia dentro de Galicia aproveitando esta inercia positiva», sinalou a concelleira da formación laranxa.

Neste sentido, Louzao aposta por impulsar de forma real o Consello Municipal de Turismo como órgano consultivo onde estaría representado o sector co obxectivo de definir as estratexias municipais neste ámbito e escoitar aos profesionais que día a día están en contacto coa realidade da nosa cidade. Deste xeito daríase protagonismo á sociedade civil a través da Universidade de Santiago, os hosteleiros, restauradores, empresas de servizos complementarios e asociacións vinculadas ao patrimonio e ao Camiño de Santiago. Entre as súas funcións están as de analizar estudos ou estatísticas e asesorar en cuestións vinculadas ao turismo co obxectivo de deseñar liñas de actuación que permitan fortalecer a posición de Lugo como destino turístico.

«A constitución deste órgano é unha proposta de Cs que foi referendada polo pleno en marzo de 2016. Con todo, case 4 anos despois, o goberno de Lara Méndez continúa incumprindo o seu compromiso nunha clara aposta pola improvisación como aceno de identidade deste goberno», sinalou Louzao. De feito, detalla Olga Louzao, a alcaldesa incumpre as súas propias promesas e ata a propia lexislación do Consello Municipal de Turismo elaborado polo Goberno municipal, que foi publicado no Boletín Oficial da Provincia o 21 de decembro de 2016 e no que se fixaba unha periodicidade semestral para as reunións deste órgano, quedando establecidas nos meses de abril e de outubro como datas de referencia.

Críticas ao labor levado a cabo en Fitur

Louzao considera que a representación do Concello de Lugo na última feira de Fitur non estivo á altura do que necesita o sector na nosa cidade. «O labor desta comitiva non respondía a uns obxectivos claros e definidos abalados polo sector. Limitouse a sacarse a foto e a comparecer cunha promoción testimonial. Descoñecemos a conto ascenden os gastos desta viaxe, que xestións formais fixéronse, si é que se levou a cabo algunha. Ademais non entendemos porque o asociacionismo non esta representado e as poucas invitacións que se realizaron repartíronse de forma discrecional. Todas estas demandas serán plantexadas formalmente ao Goberno bipartito», concluíu.