- A portavoz municipal, Olga Louzao, afirmou esta mañá que a falta de contedores na rúa obriga a que moitos veciños depositen os seus residuos na beirarrúa, o que está xerando episodios de mal cheiro e numerosas queixas
Lugo, 20 de xaneiro de 2020. A portavoz municipal de Cs, Olga Louzao, denunciou esta mañá que os contedores soterrados de Quiroga Ballesteros levan precintados desde o pasado mes de decembro. «Trátase dunha demostración máis do descontrol do Goberno local en relación ao servizo de recollida de lixo. Hoxe falamos de Quiroga Ballesteros, onde o servizo, ademais de mal dimensioado, atópase cos contedores inoperativos desde fai máis de 40 días, pero poderiamos falar doutros 100 puntos localizados ao longo e ancho de todo o municipio onde o lixo termina nas beirarrúas por falta de contedores», asegurou a concelleira.
Louzao denunciou que a falta de contedores no tramo final desta rúa obriga a que moitos veciños depositen os seus residuos na beirarrúa e isto está xerando episodios de mal cheiro, o que esperta queixas entre os residentes e transeúntes. «instalaron encima da beirarrúa tres contedores de urxencia, pero son claramente insuficientes, ademais nin sequera clasificáronos por cores, polo que o proceso de reciclaxe queda totalmente inhabilitado neste punto», aseguro a edil da formación laranxa.
«O servizo de recollida de lixo é moi deficiente na nosa cidade. Pero non se debe a un problema concreto ao que non se soubo dar resposta en tempo e forma por parte do Goberno local, como este de Quiroga Ballesteros, trátase dun problema de fondo moito máis preocupantes como é que o servizo estase realizando en precario desde 31 de marzo de 2017 cando caducou o último contrato», denunciou Louzao.
O maior contrato municipal, caducado desde 2017
«Trátase do contrato de maior importe de todos cantos ten o Concello, suponun custo para as arcas públicas de 7,2 millóns de euros anuais. Non podemos continuar cun servizo caducado desde fai case tres anos», sinalou Louzao, quen instou ao Goberno local a sacar urxentemente a contratación do servizo de recollida de lixo. «O servizo de recolida de lixo non se adapta á realidade do noso municipio en pleno século XXI. Trátase dun servizo adaptado á realidade de 1996, cando se rubricou o contrato con Urbaser. O Concello debe actuar coa máxima urxencia neste tema. De non ser así os problemas como o de Quiroga Ballesteros sucederanse un tras outro e sufrirémolos todos os lucenses», rematou a edil da formación laranxa.