•   A  voceira municipal, Olga Louzao, lamenta a falta de información pública sobre o nivel de execución destes fondos cuxo investimento total supera os 4,1 millóns de euros 

 

Lugo,  14 de xaneiro de 2020. A voceira  municipal de Cs, Olga Louzao, criticou esta mañá a falta de dilixencia mostrada polo executivo local en relación ao programa Lugo Smart City. Louzao censura a falta de información pública sobre o nivel de execución desta importante iniciativa que foi aprobada en 2016 e que, a día de hoxe, descoñécese se segue en marcha ou se deuse por concluída. «O programa Lugo Smart City contempla un investimento total de 4,1 millóns de euros dos cales o 40% corresponde a fondos municipais e o resto a fondos europeos. Desgraciadamente o Goberno local non fixo público o nivel de execución destes proxectos e descoñecemos a onde foi a parar o diñeiro, que iniciativas leváronse a cabo con éxito, e que porcentaxe destes fondos quedan por investir», asegurou.

Dentro desta estratexia contemplábanse distintas iniciativas destinadas a converter Lugo nunha cidade tecnolóxicamente desenvolvida. Deste xeito deseñáronse ata 10 liñas diferentes de traballo destinadas a mellorar aspectos como a administración electrónica (985.000 euros), a xestión intelixente de Infraestruturas a través de datos GIS (82.655 euros), a mobilidade ou a eficiencia enerxética en edificios municipais (459.000 euros), entre outros. «Descoñecemos o grado de execución de cada unha destas liñas de traballo e non existe ningún informe que analice o seu impacto sobre a calidade de vida dos veciños. É dicir, os lucenses non saben si o diñeiro foi investido con éxito ou dilapidouse», dixo.

Louzao puxo o foco na deficiente política de transparencia que esta levando a cabo o Goberno local que reiteradamente incumpre a lei sen o máis mínimo reparo. «Lamentablemente a cidadanía carece de calquera tipo de información relativa a estes proxectos. O oscurantismo é absoluto. Paradóxicamente, a última información do goberno bipartito en relación a Lugo Smart City foi un comunicado feito público o 26 de setembro a través do portal web municipal onde se anunciaba unha actuación a cargo destes fondos orientada a mellorar, precisamente, a transparencia do Concello. Resulta ata cómico. É inadmisible que catro meses despois aínda non se fixera nada», proseguiu a edil da formación laranxa.

«Descoñecemos por exemplo, que pasou cos 190.000 euros destinados á Tarxeta Cidadá Plus, descoñecemos tamén que pasou cos 128.000 euros destinados á xestión do alumado público no rural. Non sabemos nada dos 233.000 euros destinados á xestión intelixente do auga ou da porcentaxe investida do millón de euros destinado a implantar a administración electrónica. Esiximos que o Goberno local faga público estes datos de forma inminente. Pola contra verémonos obrigados a sospeitar que algo raro pasa e que o traballo non se está facendo ben», concluíu.