A  voceira municipal, Olga Louzao, insta ao Goberno local a asumir o compromiso da Carta de Aalborg e a reverter a nefasta xestión que se leva a cabo en materia medioambiental como así o constata o Informe do Consello de Contas sobre iniciativas medioambientais das entidades locais de máis de 10.000 habitantes

Lugo,  13 de xaneiro de 2020. A voceira  municipal de Cs, Olga Louzao, insta ao Goberno local a cumprir de xeito urxente as recomendacións emitidas polo Consello de Contas en materia medioambiental. «Lamentablemente Lugo queda moi mal parado no informe do Consello de Contas sobre iniciativas medioambientais das entidades locais de máis de 10.000 habitantes que anilza os exercicios 2017 e 2018. Trátase dunha demostración máis do nefasto traballo que o Goberno bipartito está levando a cabo neste asunto. Desde Cs levamos tempo poñendo sobre a mesa cada un dos aspectos nos que a xestión é deficiente como a ordenanza de publicidade exterior, o ciclo integral do auga, a contaminación lumínica ou a xestión de residuos», dixo Louzao.

«Desde Cs Lugo esiximos ao Goberno local que se adhira aos compromisos da Carta de Aalborg de forma real e que cumpra coa súa obriga moral de levar a cabo as actuacións que se contemplan na Axenda 21 para o desenvolvemento sostible no noso municipio. Ademais o Goberno local debe completar o desenvolvemento dos compromisos da Axenda 21 tal e como sinalan as recomendacións do Consello de Contas. Non se pode mirar para outro lado como está facendo o bipartito», sinalou Louzao. «Ademais de non estar adheridos á Axenda 21, en Lugo non contamos cunha comisión de seguimento en materia medioambiental, non temos unha declaración medioambiental e non contamos cun sistema de indicadores», dixo.

O grupo municipal de Cidadáns Lugo leva tempo demandando que o noso municipio conte con sistemas de xestión ambiental homologables que nos axuden a fixar as prácticas, procedementos e recursos para levar a cabo unha política ambiental activa en Lugo. «O pasado mes de outubro propuxemos ao Goberno local que abordase a xestión do ciclo integral do auga comezando por licitar os contratos de xestión da estación depuradora de augas residuais (EDAR) e o mantemento dá estación de tratamento de auga potable (ETAP), obtivemos un “non” por resposta e o concelleiro do área, Álvaro Santos, acusounos nese pleno de mentir e dixo que todo estaba ben. Este informe é unha constatación máis de que as deficiencias son unha realidade», sinalou a concelleira.

«É evidente que os departamentos encargados de levar a cabo o groso do traballo en materia medioambiental adoecen de falta de persoal. Levamos tempo denunciando esta situación. É necesario dotar a estrutura do Concello de suficiente persoal e cualificado que sexa capaz de xestionar os obxectivos medioambientais recollidos pola Axenda 21.Contamos con menos persoal neste aspecto que outros concellos moito máis pequenos como Culleredo, Arteixo ou Redondela», afirmou Louzao.

Suspenso en transparencia e divulgación

«Outro dos asuntos nos que o traballo do Goberno bipartito deixa moito que desexar é en materia de transparencia e o seu traballo de divulgación dos datos medioambientais do noso municipio, como así constata o Informe do Consello de Contas. Ademais consideramos que se debe impulsar o labor de concienciación da cidadanía na necesidade de adoptar hábitos persoais e sociais que contribúan ao logro dun desenvolvemento sostible. Traballo que o Goberno local non está levando a cabo», concluíu a edil da formación laranxa.