voceira municipal, Olga Louzao, lamentou o abandono no que se atopa este barrio emblemático da cidade e insta ao Goberno local a peonalizar as principais rúas e habilitar unha liña de axudas para rehabilitar vivendas. Ademais urxe a mellorar a seguridade vial 

Lugo,  9 de xaneiro de 2020. A voceira municipal de Cs, Olga Louzao, propuxo esta mañá un paquete de medidas que ten por obxectivo dinamizar o barrio de Recatelo. A edil da formación laranxa lamentou o estado de abandono que sofre este barrio emblemático da cidade e responsabiliza á inacción do Goberno local dos problemas que sofren os veciños da zona a diario. (seguridade vial, lixo, ruido nocturno). «Recatelo é un dos barrios con maior identidade da cidade. Non podemos permitir que a pasividade do Goberno bipartito arruíne unha das zonas máis representativas da identidade lucense. É necesario poñer en marcha unha serie de medidas que dinamicen a zona e permitan a súa recuperación e conservación», sinalou Louzao.

Entre as propostas enumeradas pola portavoz de Cs destaca a peonalización da rúas Cedrón del Valle e Vila de Sarria. «É necesario humanizar este espazo residencial onde tradicionalmente desenvolveuse moita vida social con negocios de hostalería e comercio minorista que a día de hoxe está practicamente desaparecidos. A peonalización contribuirá a revalorizar o barrio, aumentará a calidade de vida dos veciños e dinamizará a zona como espazo comercial. Ademais é relativamente fácil de executar porque existen itinerarios alternativos para os coches. Non como sucede noutras zonas», sinalou.

De forma paralela a esta medida, Louzao aposta por poñer en marcha unha liña de axudas para rehabilitar vivendas. Ciudadanos propón fomentar a rehabilitación e conservación dos inmobles máis envellecidos desta zona con dous tipos de axudas, unhas destinadas a recuperar fachadas e cubertas e outra destinada á recuperación de vivendas. «Os lucenses non podemos permitir que Recatelo convértase nunha zona marxinal e deprimida. É necesario habilitar axudas para a recuperación dos inmobles de máis de 50 anos de antigüidade para evitar que sexan abandoados», sinalou Louzao.

Medias urxentes para mellorar a seguridade vial

Ademais destas propostas a medio prazo para rexenerar Recatelo, Cs instou ao Goberno local a actuar de forma urxente na zona para poñer freo aos problemas de seguridade viaria que sofren os veciños. Louzao considera necesario mellorar a seguridade viaria na zona. De forma particular na intersección da rúa Recatelo, Carril Loureiros e Cedrón del Valle onde non existe ningún paso de peóns. «É hora de que este goberno asuma os seus compromisos e demostre que aposta por un modelo cidade onde os peóns sexan unha prioridade sobre os vehículos. É imperdoable que non exista pasos de peóns neste cruzamento», sinalou Louzao. Así mesmo, Cs considera que é necesario regular o aparcamento na rúa Cedrón del Valle. «Os coches aparcan enriba da beirarrúa impedindo o tránsito de peóns e, en ocasións, dificultando o acceso ás vivendas. A veciñanza demanda unha solución inmediata», concluíu.