A portavoz municipal, Olga Louzao, instou ao Goberno local a garantir a seguridade para os peóns neste punto, no que o novo valado da Casa 48 obriga aos transeúntes a invadir o carril sen ningunha garantía. Si non é posible atopar solucións técnicas será necesario prohibir o paso e sinalizalo de forma correcta
Lugo, 30 de decembro de 2019. A portavoz municipal de Cs Lugo instou esta mañá ao Goberno local a mellorar con urxencia a seguridade para os peóns en Ronda da Muralla, á altura do número 48, onde se instalou o novo valado por risco de derrube. «As medidas de seguridade son insuficientes. Os peóns están totalmente desprotexidos e vense obrigados a invadir o carril para poder transitar por este punto. Non contan con ningunha garantía nin ningún elemento de protección para salvar este elemento. Tampouco existe sinalización de prohibición, falta información», asegurou a concelleira da formación laranxa.
Cs Lugo considera que é necesario buscar solucións técnicas para mellorar a seguridade viaria neste conflitivo punto. «Introducir sinalización luminosa sería un dos elementos a valorar, xa que o tránsito é especialmente perigoso nas horas do día sen luz solar. O valado prioriza o tránsito de vehículo sobre o tránsito dos peóns consideramos que ten que ser ao revés por razóns obvias. Se non existe unha solución técnica viable o mellor será sinalizar claramente que está prohibido o paso por esa marxe da rúa para impedir posibles atropellos. O Goberno debe actuar con rapidez neste asunto», sinalou.
Un tapón para a Ronda da Muralla con difícil solución
«Este asunto supón un tapón na Ronda cunha solución lenta e difícil. A orixe do problema é a lentitude coa que se actuou neste asunto», afirmou Louzao.« Trátase dun risco que existe desde fai anos e que ten unha tramitación legal complexa por iso era necesario actuar con maior premura para ofrecer solucións e impedir que o risco de derrube paralice o tráfico na Ronda da Muralla, e polo valor estratéxico deste punto en gran parte do centro da cidade. Agora pagámolo todos os lucenses que nos despracemos a pé por este punto», concluíu a edil.