•   O concelleiro de Cs Lugo Juan Vidal censurou esta mañá a inacción do Goberno local ante o problema que supón o tránsito de vehículos pesados pola vía que comunica a Ponte Branca coa estrada Vella de Santiago a través de Camiño do Agro da Ponte e Camiño Rego da Laxe. Vidal asegura que é perxudicial para a seguridade vial, para a circulación do tráfico e para o mantenimento das vías afectadas 

 

Lugo, 2 de decembro de 2019. O concelleiro de Cs Lugo Juan Vidal instou esta mañá ao Goberno local a que pohiba o paso de vehículos pesados pola vía que comunica a Ponte Branca coa Estrada Vella de Santiago, a través de Camiño do Agro e Camiño Rego da Laxe, no barrio da Ponte. «É necesario limitar o paso de vehículos de máis de 3.500 quilos por esta vía. Os camións que proceden da ponte continúan recto na primeira rotonda para atallar na súa incorporación á Estrada Vella de Santiago, en vez de continua ata a segunda rotonda e incorporarse pola estrada de Portomarín, como fan por exemplo os buses urbanos», sinalou o edil da formación laranxa.

Cs Lugo considera que o tránsito de vehículos pesados por este itinerario xera problemas no seu incorporación á estrada Vella de Santiago por Camiño Rego da Laxe debido ás características deste cruzamento. «Os vehículos de certo tamaño e peso non dispoñen de espazo suficiente para realizar a incorporación de forma correcta e vense obrigados a invadir as beirarrúas da Estrada Vella de Santiago na intersección coa rúa Doutor Igrexas Otero. Isto supón un serio risco para a seguridade dos peatones e xera un deterioro notable nestas beirarrúas que se están afundindo como consecuencia do peso dos vehículos», sinalou Vidal quen desvelou que nas últimas semanas numerosos veciños mostráronlles o seu malestar por esta situación.

Ao problema de seguridade vial e ao deterioro das beirarrúas únese as frecuentes conxestións de tráfico que se xera neste punto. «Nos últimos días a retenciones en hora punta chegaban ata a propia rotonda co problema que este supón», sinalou o concelleiro. «Trátase dunha situación solucionable xa que existe un itinerario alternativo para este tipo de vehículos que ademais é o que máis se adecua ás súas características. O Goberno local debe actuar xa. Debe realice unha mellora da seguridade vial nesta zona que presenta numerosas deficiencias. Non se trata dun problema menor», concluíu.