•   O concelleiro de Cs Lugo Juan Vida criticou con dureza a falta de dilixencia do Goberno municipal neste asunto. Trátase dunha vía construída de forma ilegal en 1999. O Concello anunciou a eliminación do trazado em 2014. A día de hoxe aínda non hai unha solución

Lugo, 13 de novembro de 2019.   O concelleiro do grupo municipal de Cs Lugo Juan Vidal instou esta mañá ao Goberno municipal a solucionar o problema que supón a vía ilegal construída para unir a rúa Flor de Toxo e Monte Cadramón, nas inmediaciones da gasolinera San Rafael. «É inadmisible que o Executivo local non aporte solucións a esta deficiencia. Trátase doutro asunto esquecido e metido nun caixón, como vén sendo a tónica habitual nos últimos anos», apunto o concelleiro da formación laranxa.

Trala presión exercida polos veciños da zona, en 2014 o Goberno socialista anunciou a súa intención de eliminar dita vía. De feito estimouse un recurso do propietario da leira afectada no que se recoñecía unha ocupación ilegal da propiedade. Cinco anos despois deste anuncio o Concello non levou a cabo ningún tipo de acción e o trazado permanece fóra da legalidade.

«É necesario actuar. Existen moitas fórmulas: levantar o asfalto e compensase os afectados, chegar a un acordo cos propietarios da leira para a cesión do terreo. O que non é de recibo é que o Goberno  quédese de brazos cruzados», apuntou Vidal. «É totalmente inadmisible que aínda non se hai reposto a legalidade neste punto», sentenciou.

Ademais o concelleiro pon sobre a mesa unha terceira vía que sen dúbida sería a que máis seguridade xurídica e maior beneficio supoñería para este zona, xa de seu esquecida polo Goberno local. «É posible acometer unha modificación do PXOM na que se poida incluír este vial, xa que o solo esta catalogado como urbanizable programado. Con esta solución ordenaríase a zona e permitiríase o seu desenvolvemento. Trátase dun espazo moi abandonado e que debe ser integrado na cidade. Deste xeito estariamos solucionando un problema e construíndo un Lugo mellor», concluíu.