- As melloras plantexadas por Louzao na Mesa de traballo céntranse en mellorar a accesibilidade, adaptar os percorridos e en proporcioar un servizo económico para a cidadanía. Arroxo comprometeuse a estudar estas iniciativas.
Lugo, 27 de setembro de 2019. O grupo municipal de Ciudadanos presentou hoxe durante o desenvolvemento da xuntanza da Mesa de traballo de transporte urbano as súas propostas para mellorar este servizo clave para a cidade. A voceira municipal, Olga Louzao, presentou un paquete de medidas centradas en tres aspectos fundamentais: mellorar a accesibilidade ao transporte urbano, adaptar os percorridos e rutas ás necesidades da sociedade luguesa e, por último, contar cun servizo económico para a cidadanía.
«Cremos que é necesario que o servizo sexa económicamente accesible para os veciños e veciñas de Lugo, por iso propoñemos contar cunha tarifa plana. É necesario simplificar o sistema de pago e ofertar facilidades para incentivar o seu uso», sinalou Louzao. Asimesmo, como mecanismo de promoción do transporte público, e como iniciativa para fomentar o uso, Ciudadanos propón que o servizo sexa de balde en datas sinaladas, como as festas de Nadal. «É unha forma de apostar polo comercio local e ofertar alternativas aos problemas de aparcamento que existe na cidade», considerou.
En materia de accesibilidade Cs propón mellorar as marquesinas para que sexan accesibles e que favorezan unha espera confortable. Deste xeito, considera necesario estudar a posibilidade promover a seguridade con melloras en iluminación. «Consideramos tamén que é necesario crear aparcadoiros para bicicletas en espazos próximos as parados do bus para promover unha verdadeira intermodalidade urbana», apuntou a voceira. Outro aspecto fundamental deste capítulo foi a iniciativa para implantar ferramentas informáticas adaptadas ás persoas con necesidades especiais.
Respecto aos itinerarios, Louzao mostrouse partidaria de achegar os percorridos aos centros escolares e situar, na medida do posible, as paradas nas inmediacións dos centros de ensino. Do mesmo xeito, o grupo municipal de Cs considera necesario replantexar de maneira xeral a accesibilidade dos buses na contorna rural do noso concello, donde presenta innumerables deficiencias.
O resultado desta mesa de traballo foi «satisfactorio», segundo valorou Louzao tras a conclusión da mesma. As medidas mecionadas tiveron unha gran acollida. De feito, Rubén Arroxo, como resposable do área de Mobilidade, comprometeuse a estudar as iniciativas da formación laranxa. «Cremos que esta forma de traballar coa participación de todos os grupos e coa aportación de diferentes propostas permitirá obter mellores resultados en beneficio dos nosos veciños e veciñas», afirmou Louzao.