- María Rey mantén a postura adoptada o pasado ano, “porque non creo que os nacionalistas queiran aprobar un novo PXOM, nin reducir os lombos, nin mellorar os Servizos Sociais”
Pontevedra, mércores 7 de novembro de 2018. Cidadáns Pontevedra non negociará os orzamentos municipais do 2019 co goberno municipal do BNG. Así o expresou a concelleira María Rey, que mantén desta forma a postura adoptada pola formación laranxa o pasado ano.
Para a concelleira “hai algunhas liñas vermellas que non imos pasar, e perder o tempo non é o noso”. “Non creo que os nacionalistas queiran aprobar un PXOM, queiran reducir os lombos nin queiran mellorar os Servizos Sociais nin facer unha promoción económica seria, co que pouco ou nada teño que ver con eles”, sinalou Rey.
Engade que “non sei canto tempo emprega o concelleiro de Facenda en preparar o orzamento, pero creo que un curta e pega como o que fai todos os anos debe levar pouco”. Para Cidadáns, a elaboración dun PXOM é prioritaria, “porque non podemos ter un Plan Xeral do século pasado nunha cidade do século XXI”, así como a mellora dos Servizos Sociais, “que están totalmente desmantelados” e a recuperación do rural, “na actualidade abandonado, como non se cansan de repetir os veciños”.