A zona axardiñada atópase sen herba, os bancos deteriorados e o paseo cheo de regos e fochancas pola falta de mantemento

A voceira de Ciudadanos no Concello, Olga Louzao, pide que se cambie de sitio a beirarrúa para o lugar que na actualidade ocupa o paseo. Neste momento atópase atravesada por árbores, que levantan o pavimento e fana intransitable para persoas maiores ou con mobilidade reducida, cadeiras de rodas e carriños de bebés 

Lugo, 5 de setembro de 2017. O grupo municipal de Ciudadanos acusou esta mañá ao equipo de Goberno que dirixe a alcaldesa socialista Lara Méndez de ter “absolutamente abandonada” a cidade. A voceira de Ciudadanos no Concello de Lugo, Olga Louzao, dixo que “un simple paseo por calquera barrio da cidade serve para darse conta da absoluta parálise e desidia deste Goberno municipal” e afirmou que “a cidade está peor que nunca”.

Para Olga Louzao “vai aló xa máis da metade do mandato e esta alcaldesa debería xa coñecer a cidade e as súas necesidades, pero semella que aínda está aterrando no Concello”. “En dous anos de mandato xa non é só que non fixera ningunha gran obra, nin sequera se atenden as cuestións máis básicas do día a día dos cidadáns e do coidado da cidade”, denunciou a voceira de Ciudadanos, que explica que “por calquera lugar que se vaia hai abandono, insalubridade, casas en ruína e abundante maleza invadindo beirarrúas e espazos públicos”. “Esa é a imaxe habitual que os cidadáns e ás cidadás de Lugo teñen deste Goberno”, insistiu.

Como exemplo, a voceira de Ciudadanos puxo os xardíns de Simón Bolívar, na zona da Fonte dos Ranchos, que presentan un estado de abandono evidente, con zonas axardiñadas descoidadas e sen herba, bancos deteriorados e zonas de paseo con abundantes fochanchas e regos no chan. Olga Louzao ironiza con que estes xardíns “seméllanse máis ao estado ruinoso da Venezuela chavista de Nicolás Maduro que ao que deberían ser uns xardíns dunha capital de provincia española adicados a un persoeiro destacado como é Simón Bolívar”.