O secretario xeral do partido asegura que “Temos que ter unha lei de financiamento Autonómico actualizado e moderna”

 

Galicia, 30 de xaneiro de 2017. José Manuel Villegas, secretario xeral do partido falou esta mañá en Radio Galega onde se referiu ao futuro inmediato do partido en Galicia asegurando que: “Pronto haberá unha nova estrutura en Cidadáns Galicia” “hai que crear estruturas que ata agora o partido non tiña. Estruturas provinciais e autonómicas que son o reto dos próximos 6 meses”. “Estruturas intermedias necesarias para traballar para 2019-2020 e ter así os mellores resultados” matizou ademais:     “Crearemos un plan estratéxico para reforzar as CCAA onde non temos representación parlamentaria? declaracións do secretario xeral referíndose e emprazando ao traballo para realizar tras a celebración do Congreso do partido nos primeiros días de febrero”.

Sobre a necesidade dunha nova lei de financiamento autonómico para as CCAA destacou: “É importante ter unha lei de financiamento autonómico actualizado, unha lei de financiamento que teña en conta que as CCAA levan o peso das políticas sociais xa que son elas as que están máis preto dos cidadáns.””As CCAA teñen que ter financiamento suficiente para poder levar a cabo esas políticas tan importantes para defender os intereses dos cidadáns”

Preguntado pola idoneidade de crear unha comisión de investigación en torno ao accidente de Angrois “Deberíase crear unha comisión de investigación sobre Angrois, por suposto, investigar sempre é bo” sinalou.

En clave nacional, o secretario xeral valorou o maioritario apoio recibido pola candidatura de Albert Rivera no congreso celebrado polo partido este fin de semana: “AR ten o apoio maioritario dos afiliados de Cs que pensan que é o mellor proxecto para dirixir o partido nos próximos anos e así quedou constatado”

O balance en canto ao traballo parlamentario e á relación co Partido Popular: “o noso labor é arrastrar ao PP para cumprir as reformas que non están no seu ADN político e que cremos son boas para España” “Nestas seis semanas de traballo conseguimos xa que varias das nosas propostas vaian adiante: que se admita a trámite a nova lei de autónomos, incrementar o permiso de paternidade, entre outras”.

Tallante mostrouse o secretario xeral do partido laranxa ante a aprobación dos orzamentos:   “Se o PP cumpre cos 3800 millóns comprometidos con partidas laranxas, con prioridades que nós puxemos sobre a mesa que eran imprescindibles estaremos a apoiar eses orzamentos, se non o cumpren estaremos en contra.” Concluíu José Manuel Villegas.