Santiago de Compostela, 18 de Novembro de 2016. Tras ter coñecemento do escrito de declaración municipal aprobado polo Pleno municipal no día de onte no que se reclama a creación dun cuarto xulgado do social en Santiago de Compostela, Cidadáns (C’s) Santiago quere sumarse á devandita reclamación. Unha reivindcación que vén facéndose dende hai tempo na cidade ante a evidente e preocupante situación de atasco e atrasos detectada na resolución de expedientes debido á elevada carga de traballo nas salas habilitadas para ese efecto.
Por todo iso, Cidadáns (C’s) quere sumarse a esta petición e prestar así o seu apoio á declaración aprobada no Pleno, compromenténdose dende a súa agrupación para facer chegar ós representantes do partido Cidadáns (C’s) no congreso dos Deputados, a preocupación dos cidadáns de Santiago por este asunto.