· A voceira municipal pide que se solucione o estreitamento a altura do número 41 desta rúa para emendar a falla de seguridade. Solicita arranxos na zona deportiva da praza de San Xoán, alerta de furados no chan da zona verde e deficiencias no parque infantil. Preocupa a accesibilidade
A portavoz municipal de Cs, Olga Louzao, instou esta mañá ao Goberno local a solucionar dunha vez o estreitamento a altura do número 41 da rúa Rof Codina para emendar a falla de seguridade viaria neste punto crítico. Ademais Louzao pediu a área de Medio Ambiente que arranxe os peche perimetral da pista deportiva da praza de San Xoán que conta cunha portería rota, o que supón un risco garve e real para os usuarios por posible abatimento.
Así mesmo, pide que se renoven os xogos na praza das Illas, moi deteriorados, pide que se acometan melloras no peche perimetral do parque infantil e que se substitúa o pavimento do mesmo, que se atopa nunha situación de deterioro irreversible. A concelleira alerta de que o barrio debe ser actualizado para evitar un retroceso na calidade de vida. «Desde este grupo puidemos comprobar en reiteradas ocasións o estado de abandono no que se atopa Montirón. Ao problema do firme en numerosas rúas, sumase o tapón existente á altura do número 41 da rúa Rof Codina en sentido á praza de San Xoán, facendo de ese tramo un auténtico perigo para os viandantes e veciños e veciñas da zona», sinalou a concelleira da formación laranxa.
«É necesario rexenerar este barrio emblemático da cidade para frear a perda de poboación e asegurar a supervivencia da zona. As novas familias que se instalaron na zona teñen un perfil de idade diferente, existe un incipiente relevo xeracional e é necesario potencialo actualizando os equipamentos para os nenos e mocidade desde o punto de vista da seguridade. Existen buratos no chan nas zonas verdes que entrañan un risco, os parques infantís están moi deteriorados e os parques infantís presentan moitisimas carencias» asegurou. «As demandas veciñais non están sendo atendidas. Tamén é necesario aumentar a vixilancia para garantir a seguridade e evitar posibles problemas de convivencia», dixo.
Clamoroso abandono do barrio de Montirón
«Preocúpanos a falta de seguridade viaria motivada pola falta de visibilidade en condicións meteorolóxicas adversas nos puntos sinalados. É necesario que o Goberno local actúe sobre o tapón de Rof Codina de inmediato. Así mesmo, e necesario crear beirarrúas cara a rúa Illa da Toxa, pois son case inexistentes. O barrio está cheo de barreiras que dificultan o tránsito e existe unha ausencia total de planificación para a adaptación da zona á Lei de accesibilidade. Exemplo disto, é o tramo de beirarrúa dende o número 46 de Rof Codina cara a praza San Xoán, xa que hai uns bolardos, que unidos ao vello aparcadoiro do antigo Cash-Ifa, fan intransitable a zona para unha cadeira de rodas ou carriño de bebés», concluíu.