Captura de pantalla 2016-02-25 a las 21_Fotor

Coa posta en marcha de este RexistroVoluntario de Licitadores para a celebración de contratos menores e procedementos negociados sen publicidade, trátase de aplicar unha política máis aberta da contratación para que estes procedementos sexan máis xustos, transparentes e non discriminatorios, ao mesmo xeito, de atopar mecanismos que nos axuden a reduci-lo risco de fraude ou de corrupción, situacións moi presentes na administración e, sobre todo, na local, onde este tipo de contratos son mecanismos moi habituais.

Era unha proposta que reflexamos no noso programa electoral e que tamén foi presentada en plenos de anos anteriores, pero nunca se chegou a poñer en funcionamento. Cremos que é máis que necesaria; de ahí, a súa presentación.

A transparencia, o acceso á información pública e as normas de bo goberno son os eixes fundamentais de toda acción política. Así, se os cidadáns coñecen as decisións dos responsables públicos, como e con que criterios se aplica o orzamento municipal estaremos promovendo mecanismos reais de responsabilidade na actuación pública.

O que non nos podemos permitir é que os empresarios, os autónomos da nosa cidade, os que temos que darlles oportunidades, teñan sensacións de desconfianza acerca dos procedementos de contratación, chegando, en ocasións, a non presentar ofertas para algún contrato por considerar que non terán ningunha posibilidade.

Dende o noso grupo municipal queremos promover todos aqueles mecanismos e medidas que contribúan a recuper-la confianza na nosa administración, que ten que estar caracterizada por unha transparencia máxima. E, en aras a esta transparencia, os contratos teñen que someterse a unha publicidade que permita apertura-lo mercado á competencia, garantizando, deste xeito, a eficiencia dos fondos públicos, xa que se incrementará o número de empresas que obterán información sobre as ofertas existentes, e maior concurrencia, maior eficacia.

É trátase dun rexistro diferente ao que existe a nivel estatal ou autómico que funciona máis ben como unha base de datos onde consta a documentación necesaria para presentarse a concursos públicos, e dotar así dunha maior axilidad ao procedemento de contratación.

Falamos aquí destes dous tipos de procedementos. Para dotalos dunha maior publicidade e porque son os que precisan dunha previa invitación. Invitación que non ten que ser sempre remitida aos mesmos, situación que coñecemos existe en determinados departamentos, habendo empresas que tanto valen para alugarnos equipos de megafonía, animarnos o Nadal ou montarnos unha pista de xeo. E invitación que ten que recoller a mesma información solicitada para todos. Porque tamén nos atopamos con casos nos que uns presentan un presuposto baixo uns criterios e, para a mesma oferta, outros que non se parecen en nada. O que deixa lugar a moitas dúbidas.

Isto o que quere dicir é que algo non se está a facer ben. Publicidade, transparencia, eficiencia, control e igualdade de oportunidades e de trato teñen que ser os pilares básicos destes procedementos.

Esta tamén é unha forma de apostar polo fomento do emprego; para dar oportunidades a todas aquelas empresas que queiran participar neste rexistro, tendo o compreto convencemento da non discriminación e da igualdade de trato.

E queremos que sexa un rexistro con condicións, tanto para a administración como para os propios licitadores, suxeito a normas que teñen que ser cumpridas e respectadas. E que conte, se se chega a pór en marcha, cun proceso de publicidade para dalo a coñecer, para favorecer o rexistro do maior número posible de licitadores e cun espacio propio na páxina web desde Concello.