ana

Cidadáns volve criticar o proceso de peonalización do centro. «Tómanse decisións de peonalizar as rúas sen que antes solucionasen o problema de aparcadoiro, o problema de rehabiliatación e ocupación das vivendas e a dotación dun bo transporte público».

Critican que detrás de todo este proceso de peonalización atópanse medidas tan polémicas como introducir o sistema de pago da ORA ou a contratación dun vehículo que controle a través dunha cámara o tempo de estacionamento con capacidade de multar.

Cidadáns móstrase totalmente contrario a introducir estas medidas de control, xa que «parece que só hai un afán recadatorio» e lembran que «o futuro do centro de Ferrol está en logo». Lémbranlles que Ferrol, é unha das cidades máis castigadas pola crise, que existe moito paro, que á xente cústalle chegar a fin de mes, polo que se teñen que pagar para estacionar, seguramente opten por non ir ao centro, e opten por ir aos centros comerciais, onde o aparcadoiro é gratuíto.

Aos residentes do centro, váiselles a facer moi complicado o atopar aparcadoiro gratuíto, e o sistema exposto polo Concello de parking bonificado resultará gravoso para as xa mermadas economías familiares. Sinala a concelleira que  «o único que se vai a conseguir con isto é reducir máis o número de habitantes do municipio e que o centro se converta nun barrio fantasma»

A concelleira pide «maior diálogo coas entidades veciñais, hostaleiros e comerciantes, xa que deben gobernar para todos e que non se tomen decisións sen contar con eles».