Olga Louzao “A prevalencia actual do autismo é dunha de cada cen persoa”
Santiago, venres, 13 de xullo de 2018. Cs rexistra no Parlamento de Galicia una proposta para que este organismo inste á Xunta á formación do profesorado de primaria e secundaria con alumnos diagnosticados con transtorno de espectro autista (TEA). A voceira de Cidadáns en Galicia, Olga Louzao, foi a encargada de presentar dita proposta en rexistro.
A prevalencia actual do autismo é dunha de cada cen persoas. Isto significa que, por exemplo, nunha escola de catrocentos alumnos poden existir entre tres e catro nenos con Trastorno de Espectro Autista (TEA), aínda que é posible que en moitos dos casos nin sequera teñan o diagnóstico correspondente e pasen desapercibidos.
Louzao sinalou no momento do rexistro que “A pesar desta prevalencia -que algúns estudos aínda elevan máis- nin o profesorado de primaria nin o de secundaria teñen formación específica para poder atender correctamente este alumnado e de ahí a necesidade de formación que plantexamos desde Cidadáns”.
Na mesma liña desde Cidadáns considerase que “as actividades de lecer deberían ser para o alumnado TEA de especial importancia e por iso consideramos moi necesaria a existencia de monitores de leceres especializados” sinalou a voceira de Cidaáns en Galicia que resumiu asi os tres puntos da proposta rexistrada:“Pedimos que se poidan ofrecer cursos presenciais de formación sobre TEA ao profesorado de primaria e de secundaria por parte da Consellería de Educación a partir do próximo curso 2018-2019 e dotar de monitores de tempo libre especializados en TEA aos centros que o necesiten a partir do próximo curso 2018-2019” comentou Ola Louzao.