Fronte ás incongruencias e dificultades plantexadas polo PP, a moción saíu adiante
Pontevedra, 18 de abril de 2016.
A moción presentada polo grupo municipal de Cidadáns para que o Concello de Pontevedra inste á Xunta de Galicia a adaptar os baños públicos da súa antiga sede en Benito Corbal aos requerimientos de saúde e hixiene das persoas ostomizadas saíu adiante. Desta forma, mellóranse as condicións de vida dun colectivo de persoas, máis de 4.000 en toda Galicia, que contan con moitas limitacións para estar largos espazos de tempo fóra da súa casa e cuxos requerimientos de accesibilidade non aparecen recollidos na lexislación nin nacional nin autonómica.
A portavoz do partido, María Rey, indicou que “aínda que a lei non o contemple, debemos facer o posible para garantir a integración destas persoas, por iso entendemos que a administración e as institucións públicas deben ser pioneiras no deseño de espazos adaptados”. A concelleira lembrou que unha persoa ostomizada necesita que os baños estean adaptados para poder evacuar as súas excrecións dunha forma salubre e digna.
A pesar das incongruencias e dificultades plantexadas polo grupo municipal do PP, a moción foi aceptada por unanimidade. Ante esta actitude do PP pontevedrés, María Rey afirmou que “coa discapacidade non se xoga”. Ademais, indicou que “as leis autonómicas e nacionais deixáronos orfos, non recollen criterios de deseño para os aseos, adaptados para estas persoas, polo que moitas non queren saír das súas casas”.
Rey criticou a abstención inicial do Partido Popular na Comisión de Movilidade do Concello, ao entender que “como políticos debemos pensar nas persoas, non en intereses partidistas”.
Para Cidadáns esto supón un paso máis para lograr a visibilidade dun colectivo que está loitando diariamente para que a sociedade sexa consciente da súa realidade e para que se lles axude a formar parte dela dunha forma digna e respetable.
Uso partidista do Concello
A outra moción presentada por Cidadáns Facía referencia ao uso por parte do grupo de goberno da casa consistorial para fines partidistas. Con ela pretendíase poñer en valor a democracia e aterse á legalidad. Tal e como se establece na lexislación actual, solicitábase que non se utilicen as institucións municipais para escenificar a ideoloxía duns, sen contar con todos, destacando que o concello debería estar libre de adoctrinamentos, e que, de querer pronunciarse o grupo de goberno sobre calquera tema supramunicipal, debería antes ter consensuado por unanimidade dita cuestión co resto de portavoces da corporación. A moción non foi aceptada por contar cos votos en contra de BNG, Marea e PSOE.