Santiago de Compostela, Martes 23 de Mayo 2017. A agrupación de Cidadáns (Cs) en Santiago manifestou a súa satisfacción por que se atopou unha solución aparentemente positiva tanto para a Escola Municipal de Música como para o CEIP Santiago Apóstolo, coa proposta de localización da EMM no  Edificio da Escola de Altos Estudos Musicais na Leira de Vistalegre.

 

María Vilas, coordinadora de Cidadáns (Cs) en Santiago, mantivera unha reunión no pasado mes de marzo co director da EMM, Femando Rey, para coñecer de primeira man a problemática xurdida por mor da aprobación no Pleno Municipal do pasado 16 de febreiro do traslado da devandita escola  a unha localización sen definir.

 

“Alegrámonos de que o Alcalde atopase unha solución a este problema, isto é precisamente o que Cidadáns (Cs) reclamou desde o principio, unha solución de consenso que non supuxese un custo desproporcionado para  as arcas municipais e que ao mesmo tempo dese solución aos problemas das dúas entidades implicadas”  “Esperemos que se materialice finalmente a aprobación polo Consorcio da cesión do inmoble?,  manifestou María Vilas.

 

“Desde Cs o que pedimos aos nosos gobernantes é que antes de abordar un problema, realícese un estudo serio do impacto, unha avaliación económica do custo e unha planificación realista da solución, buscando o consenso con todas as partes implicadas” quixo sinalar a Coordinadora de (Cs) en Santiago.