·  La portavoz de Cs valorou a predisposición do responsable de Infraestruturas  á proposta  de CS para a Fonte dos Ranchos, celebra o anuncio  da dotación orzamentaria pero esixe ao Goberno local traballo e compromiso para levala a término. Advirte que será tamén necesario abrir Vila Verde Cidade de Portugal para desconxestionar o tráfico en Fontiñas e San Roque e desbloquear o fluxo no eixo norte-sur na zona leste. Afea ao Goberno local que non abordara aínda este compromiso e lamenta a ausencia dun proxecto global para o tráfico na cidade

A voceira municipal de Cs, Olga Louzao, valorou o encontro mantido esta mañá co responsable de Infraestruturas, Rubén Arroxo, no que se abordou o proxecto para a mellora da Fonte dos Ranchos proposto polo seu grupo no pleno de setembro e aprobada por unanimidade por toda a corporación. «Celebramos a vontade de dotar a este proxecto dunha partida orzamentaria. É necesario unha planificación xeral do tráfico rodado para evitar o colapso da cidade de cara ás novas peonalizacións que se acometerán dentro do casco histórico nos vindeiros anos.

O noso proxecto da Fonte dos Ranchos enmárcase nun plan para axilizar o tráfico no eixo norte-sur e no eixo este-oeste. A supresión dos semáforos nesta zona permitirá reducir os tempos de desprazamento nos eixos sinalados, evitará as conxestións e permitirá reducir as emisións de CO2 ao reducir os tempos de espera. Ao mesmo tempo lograremos humanizar un espazo no que residen máis de 10.000 veciños e veciñas instalando zonas verdes e de lecer», sinalou a concelleira da formación laranxa. «O proxecto da Fonte dos Ranchos suporía unha transformación importante das comunicacións na zona oeste, pero os proxectos illados non son suficiente. É necesaria unha planificación. É urxente rematar o trazado da Vila Verde Cidade de Portugal proposto tamén polo noso grupo para desconxestionar o tráfico en Fontiñas e San Roque e desbloquear deste xeito o fluxo no eixo norte-sur na zona leste da cidade.

Trátase dun compromiso adquirido polo Goberno publicamente hai meses do que desgraciadamente aínda non sabemos nada. Sen a conclusión desta vía de considerable capacidade é imposible solucionar o problema de tráfico en Fontiñas e San Roque e dotar a zona das prazas de aparcamento necesarias para paliar o déficit que se xerará na zona centro. Temos a intención de reunirnos coa alcaldesa para abordar este asunto do mesmo xeito que hoxe o fixemos con Rubén Arroxo, ao que lle agradecemos a predisposición. Houbéranos gustado que fora a mesma ao longo de todo o mandato», apuntou.«Coa execución destes dous proxectos a situación na nosa cidade sería radicalmente diferente. Ambos remodelacións forman parte do mesmo plan.  Máis tendo en conta que o proxecto da rolda leste anunciado de xeito grandilocuente polo PP contará con moitas trabas debido ao seu impacto medioambiental, co trazado actual será irrealizable xa que transcorre por una zona de carballeiras centenarias que forma parte da Reserva da biosfera. Así que máis alá dos anuncios electoralistas é un proxecto controvertido que estamos seguros de que se atrasará nos anos. A música do PP coa Rolda leste ten agora a mesma melodía que a do Plan Paradai fai 15 anos», dixo.

Oposición construtiva

Louzao destacou a labor do seu grupo desde a oposición. «Ao longo deste mandato estamos demostrando que é posible construír cidade desde a nosa posición. Cremos nesta forma de facer política. Exemplo disto é que o proxecto de peonalziación de Recatelo ou de Rafael de Vega foron paridos por nós. Sempre dicimos que 50 ollos ven máis que 2, por iso non entendemos a falta de aportacións de outros grupos e a falta de dialogo entre os integrantes do propio grupo de goberno. É necesario que, a través do consenso, todos colaboremos en construír un Lugo mellor sen recorrer ás liortas políticas ás que recorren PSOE e PP con obxectivos electoralistas e nas que sempre perde a veciñanza», concluíu.