· A portavoz municipal de Cs considera que o Goberno local non pode renunciar a esta opción tendo en conta que é posible presentar un novo proxecto para a recuperación desa concesión, ao contar coas turbinas e con material específico para este espazo, antes de que se extinga de xeito definitivo o que sen dúbida sería un «erro histórico»
La portavoz municipal de A portavoz municipal de Cs, Olga Louzao, anunciou está mañá que o seu grupo defenderá no pleno de mañá unha proposta para recuperar a concesión da Fábrica da luz co obxectivo de producir enerxía que permita ao Concello afrontar con máis independencia a crise enerxética e abaratar o custo enerxético municipal con Evislusa como xestora.
«Tras falar cos técnicos municipal confirmárannos que é perfectamente posible recuperar a concesión da fábrica da luz, pero é necesario non demorarse no tempoé actuar con dilixencia porque existe un risco real de perdela de forma definitiva», asegurou a concelleira da formación Laranxa. «A que comezou sendo unha das infraestructuras máis importantes da cidade está sendo unha das hipotecas desta administración local.
Aos máis de dous millóns de euros que se tiveron que pagar como indemnización, hai que sumarlle os múltiples investimentos que levan facendo neste edificio. Plantexouse como unha escola taller, con García Díez como alcalde; con López Orozco, o proxecto que xa naceu morto para producir enerxía, e gora a alcaldesa Lara Méndez propón un centro de enogastronomía, coa achega económica dos fondos Next Generation» dixo.
«Tras o anuncio da súa intención de vender as turbinas e o material que se atopa na nave do Corgo, cun aluguer de 1.400 euros mensuais, todo parece indicar que renuncia a recuperar a concesión. Algo que sen dubida é un fixada cara diante. E isto a pesar de ser un material que se deseñou especificamente para a Fabrica da Luz, cun valor de máis de 700.000 euros, polo que as dificultades para a súa venda son evidentes», sinalou Louzao. «Para o noso grupo municipal, parécenos unha oportunidade á que non podemos renunciar, tendo en conta que é posible presentar un novo proxecto para a recuperación desa concesión, ao contar coas turbinas e con material específico para este espazo, antes de que se extinga de xeito definitivo», rematou a concelleira.