·  
A voceira municipal de Cs, Olga Louzao, alertou esta mañá de que o estado do peche perimetral da pista polideportiva de Camiño de Romai, nas Gándaras, supón un perigo para integridade dos usuarios debido ao seu deterioro e falta de mantemento. Denuncia o mal estado do barrio con ausencia de beirarrúas, espazos sen urbanizar, calzada sen sinalización horizontal e un alumeado público insuficiente

A voceira municipal de Cs, Olga Louzao, alertou esta mañá de que o estado do peche perimetral da pista polideportiva de Camiño de Romai, nas Gándaras, supón un perigo para integridade dos usuarios debido ao seu deterioro e falta de mantemento.

«É inadmisible que o Goberno local leve desde antes do ano 2015, cando Lara Méndez acadou a alcaldía, sen realizar nin un só traballo de mantemento nesta pista deportiva. Nin o repintado da pista, nin o arranxo das porterías, nin a adaptación na mellora dos accesos e polo seu posto o urxente arranxo do peche perimetral que supón un risco para a seguridade. O estado da pista de Camiño de Romai ilustra a perfección o que está a facer o bigoberno nesta zona das Gándaras: absolutamente nada. Rúas sen beirarrúas, espazos sen urbanizar, calzada sen sinalización horizontal… un alumeado público que supón nos meses de inverno unha falta de seguridade viaria imperdoable para zona» enumerou  a voceira da formación laranxa.

«Este grupo municipal recibiu numerosas queixas dos veciños e veciñas da zona relacionadas coa falta de seguridade viaria na contorna das súas vivendas. Pero o que realmente preocupa e é urxente neste momento a garantir seguridade na pista. O perigo principal é que as varas de metal que se atopan rotas supoñen unha amenza real contra a integridade física, de forma especial para os máis pequenos», explicou Louzao. «Instamos ao Goberno local que acometa os traballos de substitución do peche perimetral coa máxima urxencia.

A práctica deportiva nesta instalación municipal é un risco a día de hoxe e desde fai meses. O PSOE non pode deixar morrer os barrios é necesario ser máis receptivo coas demandas veciñais e escoitar a cidadanía a hora de programar as prioridades. Esta obra supón un investimento mínimo, ínfimo en comparación con outros gastos superfluos para os que Méndez non pon reparos, como por exemplo para o mantemento das redes sociais municipais, usadas habitualmente para difundir a imaxe dun Lugo próspero que contrasta coa realidade que se vive en barrios como o das gándaras», concluíu Louzao.