• As dúas formacións convidan ao resto de forzas da oposición a sumarse á iniciativa

 

Sanxenxo, miércoles 5 de mayo de 2021 – As portavoces dos grupos municipais do BNG, Sandra Fernández Agraso, e de Ciudadanos, Vanessa Rodríguez Búa, solicitan a convocatoria dun pleno extraordinario que permita ao goberno de Sanxenxo rectificar a súa decisión de desmantelar o Servizo Municipal de Emerxencias.

Ambas convidan ao resto dos grupos da oposición a sumarse a esta iniciativa e a Telmo Martín a instar á Xunta a equiparar o compromiso económico coas emerxencias de Sanxenxo coa aportación que fan aos GES noutras comarcas ou a explicar as verdadeiras razóns polas que insisten en fulminar un servizo que inflúe directamente na calidade de vida e na seguridade dos veciños de Sanxenxo.

Fernández Agraso insiste en que se trata dun servizo supramunicipal que da cobertura a máis de 50.000 veciños de Sanxenxo, O Grove, Meaño e Poio e que o recorte da súa plantilla vai afecta ás excarcelacións nos accidentes de tráfico nos que os segundos son vitais, ás intervención nos incendios en vivendas “poñendo en perigo ás posibles vítimas e aos propios bombeiros, ademáis de aumentar o tempo de resposta, onde un minuto é a diferencia entre vivir ou morrer”.

Tanto Fernández Agraso como Rodríguez Búa coinciden en que os verdadeiros motivos do desmantelamento non teñen relación co aforro económico, como argumentou Telmo Martín no último pleno, xa que os 6 efectivos que serán apartados do Servizo de Emerxencias para integrarse no de Medio Ambiente continuarán a cobrar o seu salario do Concello pero nunha área que carece de subvención algunha.

Para Rodríguez Búa a única razón que motiva a decisión de Telmo Martín é “ter a todo o mundo a súa disposición para dispor dos recursos municipais como se lle antoxe e seguir cunha política de favores que lle garantice apoios de cara ás futuras eleccións. Unha actitude de auténtico cacique”. Para a portavoz de Ciudadanos tampouco vale o argumento do goberno de buscar un reforzo da prevención, xa que na primeira reunión cos traballadores non se lles trasladou a que servizo ían ser reubicados ademáis de que a propia plantilla se mostrou disposta a colaborar nesas presuntas tarefas preventivas sempre e cando se mantivesen os 18 postos de traballo, sen encontrar receptibilidade algunha por parte dos concelleiros de Telmo Martín.