· A voceira municipal afirma que os cambios introducidos na planificación dos equipamentos comprometidos e os atrasos nos mesmos está a xerar inquedanza entre a veciñanza e considera necesario convocar esta mesa como canle principal de información a cidadanía e ao tecido asociativo. Acusa ao Goberno local de mirar cara outro lado
Lugo, 20 de abril de 2021. A voceira municipal de Cs, Olga Louzao, solicitou esta mañá que se convoque con urxencia a mesa para a dinamización do barrio da Residencia. «Os cambio na planificación de novos equipamentos para o barrio da Residencia está a causar malestar e moitas dúbidas entre os veciños e veciñas da zona que observan con incertidume como parte do comprometido por parte da administración autonómica non será finalmente executado nesta contorna coa connivencia do actual Goberno local», sinalou Louzao quen criticou a información cruzada sobre a posible situación nesta contorna da nova comisaría de Policía Nacional que xerou falsas espectativas no barrio.
«De forma especialmente preocupante estase a vivir entre a veciñanza a falida chegada da nova comisaría de Policía Nacional. Ante os cambios acontecidos na planificación dos novos equipamentos consideramos necesario que este Goberno local leva a cabo as xestións necesarias para que se convoque unha nova sesión da mesa pola dinamización do Barrio da Residencia coa máxima brevidade posible. Trátase dunha demanda veciñal non atendida», urxiu. «O executivo non pode mirar para outro lado e debe comprometerse de forma real co desenvolvemento do barrio da Residencia. ë necesario contar cunha comisaria do século XXI. Estamos recibindo críticas diarias pola evidente falta de interese amosada polo actual Goberno local en relación a este asunto de vital importancia para o desenvolvemento da cidade de cara as próximas décadas», dixo Louzao.
«A nova ordenación do barrio da Residencia esta comprometida por parte da Xunta, sen embargo non vemos avances significativos nos equipamentos comprometidos. Ademais preocupa de forma especial a instalación dunha planta de biomasa para abastecer o centro de emprendemento da industria aeronáutica polas molestias que instalacións similares están a xerar noutras zonas do país por episodios de malos cheiros», advertiu a voceira. «Queremos saber se finalmente irá esta planta de biomasa, xa que de novo a información é contradictoria. É necesario que a Xunta informe sobre os prazos e tamén dos pormenores, pero que sobre todo recolla o sentir da veciñanza para avanzar de forma coordinada na mellora deste barrio esquecido onde os problemas de seguridade cidadá están a medrar, en parte, pola estancamento da súa dinamización. Esta mesa de dinamización non debe ser un instrumento de propaganda para PP e PSOE, se non unha ferramenta de participación cidadá», concluíu.