· A iniciativa pretende crear, a través do CEI NODUS, un Rexistro Público no que se poderán inscribir todos aqueles negocios sen sucesión empresarial para facilitar o contacto con interesados. Ademais prevé unha liña de axudas dirixidas ás persoas que continúen coa actividade para os costes asociados a ese relevo empresarial e unha rebaixa fiscal Lugo, 23 de marzo de 2020. A portavoz municipal de Cs, Olga Louzao, anunciou esta mañá que o seu grupo propoñerá a corporación aprobar unha serie de iniciativas que teñen por obxectivo garantír a continuidade das empresas familiares a nivel local. «En 2019, en Lugo existían 9843 empresas de menos de 10 traballadores, dun total de 10427. O que evidencia a importancia destes pequenos negocios, moitos dos cales considerados como tradicionais ou emblemáticos. Ademais desta perda incalculable de valor, están todas pérdidas derivadas da súa desaparición, dun modelo concreto de actividade o dunha marca xa consolidada. Porque un negocio é moito máis que o seu valor económico: son os seus clientes consolidados, a súa reputación ou prestixio e a súa experencia no seu sector», sinalou a concelleira. «Unha actividade empresarial xa existente e establecida no seu territorio supón unha ventaxa competitiva. No momento de tomar a decisión de emprender e de apostar por un proxecto, a existencia dunha empresa xa consolidade e con clientes xa fidelizados permite que o esforzo dos inicios se centre en melloras desa actividade, como poden ser no producto ou no servizo», proseguiu. «Os contactos e a relación xa existente con proveedores ou distribuidores son outro valor engadido a eses momentos iniciais máis compricados no momento de emprender. Por último, no caso de que existan empregados, a continuidade da actividade evitará a perda de postos de traballo e contar co seu coñecemento e experiencia», dixo louzao. Esta iniciativa de Cs Lugo pretende crear, a través do CEI NODUS, un Rexistro Público no que se poderán inscribir todos aqueles negocios sen sucesión empresarial para facilitar o contacto con interesados. Ademais prevé unha liña de axudas dirixidas ás persoas que continúen coa actividade para os costes asociados a ese relevo empresarial e unha rebaixa fiscal. «É necesario poñer en marcha medidas que permitan facilitar a transmisión de negocios en funcionamento e evitar, se é posible, que se pechen pola falta de sucesión empresarial. Desde o Concello de Lugo estase a facer unha aposta importante para a atracción de novas empresas, pero, ao mesmo tempo, tamén hai que axudar a todas aquelas que ven peligrar a súa continuidade por cese ou xubilación, facilitando o relevo xeneracional e o mantemento da actividade e do emprego», proseguiu.«Só un 70% destas actividades sobreviven ao relevo xeracional» «En España, hai máis dun millón de negocios familiares. Soamente eles xeran o 69% aproximadamente do empregro privado. E tan só un 70% destas actividades sobreviven ao paso da primeira e segunda xeración. A metade dos que non sobreviven fanno por problemas de relevo xeneracional. E isto tamén acontece na nosa cidade. Coa crise do Covid son moitos os negocios que pecharon as súas portas definitivamente pola imposibilidade de facer frente a unha época de grave crise económica. Pero tamén son moitos que non continúan a súa actividade pola falta de sucesión empresarial. A isto hai que unirlle as trabas burocráticas e as cargas impositivas que existen no proceso de transmisión de negocios en moitas ocasións o que supón un freo á continuidade empresarial», concluiu a voceira.