·     A portavoz municipal, Olga Louzao, sinala que el informe de Intervención sobre la liquidación do orzamento de 2020 constata este escenario e recoñece que será necesaria unha suba tributaria para equilibrar as contas, algo do que ven advertindo Cs desde a  aprobación dos orzamentos de 2020 Lugo, 3 de marzo de 2020.  A voceira municipal de Cs, Olga Louzao, criticou esta mañá a xestión económica levada a cabo polo Goberno local. Louzao advertiu de que o Concello encamíñase cara un endebedamento crónico froito da ausencia dun proxecto de cidade e como consecuencia da falta dunha planificación do gasto racional. «No 2020 o Concello ingresou 80 millóns e gastou 89,6 millóns de euros. A realidade é que este desequilibrio non se debe a un aumento dos investimentos que en 2020 soamente foron de 68 euros por habitante,  se non a unha pésima planificación», apuntou a concelleira.Así o constatan os técnicos municipais no informe sobre a liquidación do orzamento de 2020 que se acaba de coñecer.  O Interventor municipal sinala literalmente neste informe que «os estados de execución orzamentaria en materia de ingreso, en relación a exercicios precedentes, reflicten un importante estancamento na súa evolución, completamente diferente a evolución ascendente en materia de gastos, amosando un preocupante horizonte». «A esta situación xa de por si mala, hai que sumarlle o irremediable aumento do gasto corrente cos novos contratos do servizo de recollida de lixo e de transporte público que a pesar de ser necesarios supoñerán un maior desequilibrio orzamentario para o que o Concello non está preparado. Levamos tempo advertindo de que o deseño dos orzamentos do partido socialista levan a Lugo a un endebedamento crónico. Este endebedamento traducírase a medio prazo ou ben nunha redución de servizos  prestados ou nun aumento da carga fiscal sobre a cidadanía para equilibrar as contas como así recoñece o Interventor no seu informe. Non existe outros escenarios», dixo.Louzao considera que está situación empeorará nos próximos exercicios. O bipartito está utilizando a financiamento europeo para realizar proxectos efectistas cuxo gasto de mantemento e persoal non está contemplado polo que este desequilibrio irá en aumento nos próximos exercicios ata chegar a unha situación insostible. Por poñer un exemplo sinxelo da situación: falan da construción dun centro de coliving ou dunhas caldas artificiais na contorna do río, pero os gastos derivados destes novos equipamentos non están previstos. O mesmo sucede coas obras xa en proceso de execución como o edificio Impulso Verde. A obra faise con financiamento europeo pero o Goberno local está a gastar nunha instalación que haberá que manter e dotar de persoal sen prever o impacto que terán as arcas municipais e o que é aínda peor, sen darlle un uso definido máis ala dunha sala de reunións e un espazo expositivo», proseguiu.Investimentos escasos e mal planificados A voceira de Cs sinalou considera que o peor de todo e que este endebedamento que hipotecará o futuro do Concello non se debe a un grande programa de investimentos, , se non a un mal deseño dos mesmos. De feito no exercicio que acaba de finalizar a inversión total reduciuse a 6,9 millóns de euros o que supón 68,9 euros por habitante. «Por exemplo, de todos os fondos europeos que o Concello percibe e nos que a alcaldesa basea toda a súa xestión coa súa “política de anuncio”, como os proxectos Life, DUSI, ou Europa Direct, soamente investíronse 694.093 euros»,concluíu.