· A voceira sinalou que as construcións pertencentes aos antigos depósitos do auga e a estrutura de formigón de grandes dimensión alí situadas atópanse nun estado deplorable o que supón un grande risco de incendio e un foco de insalubridade
Lugo, 17 de decembro de 2020-. A voceira municipal de Cs, Olga Louzao, instou esta mañá ao Goberno local a reverter a situación de abandono que sofre a parcela e as dúas edificacións municipais situadas na rúa Mar Cantábrico. Louzao sinalou que as construcións pertencentes aos antigos depósitos do auga e a estrutura de formigón de grandes dimensión alí situadas atópanse nun estado deplorable. «O Goberno local desentendeuse deste antigo complexo que se atopa cheo de maleza e estado de ruína, o que supón un grande risco de incendio e un foco de insalubridade. Os propietarios das parcelas colindantes estanse vendo afectados por esta falta de dilixencia. É evidente que o estado en que se atopa este espazo desde hai anos sería obxecto de sanción administrativa de non ser por que é de titularidade municipal e non creemos que a área de Medio Ambiente vai a automultarse. Existe un risco evidente que o Goberno local négase incomprensiblemente a paliar a pesar das continuas queixas veciñais nunha clara demostración de deixación de funcións», afirmou.
A concelleira da formación laranxa criticou que as dúas edificacións representan un perigo para os viandantes debido ao seu nefasto estado de conservación. «Esiximos a Goberno de Lara Méndez que limpe a parcela de xeito urxente e que asegure as construcións. Ademais é necesario que se instale un valado perimetral para intentar evitar que se acceda de forma ilegal ao complexo como está a suceder de forma habitual», dixo. «A situación na que se atopa este espazo é unha demostración máis da incapacidade deste Goberno para administrar tan sequera o seu patrimonio. Non existe ningún tipo de escusa para non actuar xa que o Concello dispón de recursos para facelo. A situación actual do complexo está a degradar a contorna urbana o que supón un prexuízo para os veciños e veciñas da Piringalla e contribúe ao feismo na zona norte», apuntou.
Asfalto deteriorado, falta de limpeza e alumeado deficiente
Ademais da situación a que se atopa o antigo complexo, a voceira denunciou a falta de investimento municipal na zona. «O asfalto esta deteriorado nesta zona esquecida polo Goberno local. O tramo carece de beirarrúas e a iluminación e deficiente. Todo isto constitúe un risco para a seguridade viaria que e necesario reverter. Así mesmo a zona está chea plásticos e lixo espallado. É necesario actuar», concluíu.