· A portavoz municipal de Ciudadanos, Olga Louzao, considera que o executivo carece de credibilidade ante a cidadanía e critica que nos últimos 12 meses só investiu 15 céntimos de cada euro ornamentado. Louzao cre que a maioría dos anuncios realizados onte sumaranse á enorme lista de proxectos pendentes como a praia fluvial, a humanización da praza Conde Fontao ou o edificio coliving Lugo, 4 de novembro de 2020. A portavoz municipal de Ciudadanos, Olga Louzao, criticou esta mañá con dureza ao executivo de Lara Méndez pola súa total ausencia de talante democrático ao presentar os orzamentos municipais sen tan si queira facilitar o documento ao resto de partidos políticos. «Trátase dunha demostración máis da falta de vontade de diálogo e de lealdade institucional que se evidencia nesta Administración desde que Méndez chegou á alcaldía. Son unhas contas que non podemos valorar por que nin tan sequera dignáronse a proporcionarnos o documento nunha demostración de soberbia e de desprezo absoluto aos miles de cidadáns que elixiron optar por outra opción política», sinalou a concelleira da formación laranxa. Louzao sostén que o anuncio deste documento é unha argucia propagandística xa que moitas dos investimentos anunciados son proxectos xa incluídos en exercicios anteriores que contan con anos de atraso. A súa estratexia pasa por facer parecer que se fai para ocultar o que non se fixo. A realidade é a que é, o pasado exercicio o bigoberno deixou sen executar o 85% do diñeiro orzamenatdo para investimentos. Este goberno adoita facer un uso promocional das contas xerais como así demostra que dos orzamentos do ano pasado executouse en investimento real tan só 15 céntimos de cada euro consignado como constata a documentación da conta xeral», sinalou a voceira. «Deste xeito o Goberno municipal anuncia de novo investimentos millonarios que probablemente sumaranse ás decenas de proxectos sen realizar como a humanización da praza Conde Fontao dotada o ano pasado con 230.000 euros da que nada se soubo, a implementación dos orzamentos participativos dotados con 400.000 euros que se quedaron en nada, a necesaria praia fluvial para a que se consignaron 250.000 euros e que unha e outra vez volven para adornar as contas xerais pero que segue sen comezarse, o edificio de coliving previsto para o barrio de O Carme, o desdobramento da avenida Duquesa de Lugo ou os 400.000 euros reservados para mellorar a praza de abastos dos que non se investiu nin un euro… poderiamos seguir así toda a mañá. A lista é interminable, pero a conclusión final é que este Goberno local non é de fiar e a súa credibilidade ante a cidadanía é nula malia que se empeñe en proxectar unha imaxe de solvencia e dinamismo», concluíu.