·    O concelleiro de Cs Juan Vidal-Pardo criticou o deficiente servizo que se ofrece a veciñanza na rúa das Noreas, Porgreso, Xoan Montes e Reiña e instou ao Goberno local a redimensionar os puntos de acopio de lixo na zona urbana do municipio Lugo, 19 de novembro de 2020.  O concelleiro de Cs en Lugo, Juan Vidal-Pardo, solicitou esta mañá que se amplíe o número de contedores na zona centro xa que os puntos de depósito de lixo son insuficientes na actualidade para dar un servizo adecuado a esta zona. O edil considera que nestes momentos existe un problema de salubridad improtante na rúa Noreas, así como na rúas Progreso, Xoan Montes e Reiña. «Levamos semanas facéndonos eco das queixas vecinais e tarsladándolle ao Goberno local a necesidade de dimensionar adecuadamente o servizo sen obter unha resposta. É obvio que a falta de contedores esta xerando probelmas de salubridad inasumibles neste espazo e os veciños sofren episoidos de malos cheiros de forma continuada. É necesario que se tomen medidas de forma urxente», sostivo o edil da formación laranxa. Vidal-Pardo denunciou que a falta de contedores nestas rúas obriga a que moitos veciños depositen os seus residuos na beirarrúa, o que esperta queixas entre os residentes e transeúntes e asegurou que este problema faise extensible a outros moitos puntos de provisión esparcidos por toda a zona urbana do municipio. «O Goberno debe recoñecer que o servizo de recollida de lixo é na actualidade moi deficiente na nosa cidade. Non se trata só a un problema concreto ao que non se soubo dar resposta en tempo e forma por parte do Goberno local, como sucede na zona peatonal ou sucedeu durante lso pasados meses en Quiroga Ballesteros, trátase dun problema de fondo moito máis preocupante como é que o servizo estase realizando en precario e mal dimensionado desde 31 de marzo de 2017 cando caducou o último contrato», denunciou Vidal-Pardo.O maior contrato municipal, caducado desde 2017«Trátase do contrato de maior importe de todos cantos ten o Concello, supón un custo para as arcas públicas de 7,2 millóns de euros anuais. Non podemos continuar cun servizo caducado desde fai case tres anos», sinalou o edil, quen instó ao Goberno local a sacar urgentemente a contratación do servizo de recolleita de lixo. «O servizo de recolleita de lixo non se adapta á realidade do noso municipio en pleno século XXI. Trátase dun servizo adaptado á realidade de 1996, cando se rubricou o contrato con Urbaser. O Concello debe actuar coa máxima urxencia neste tema», concluíu.