·      O concelleiro de CS Juan Vidal-Pardo criticou a falta de interese do Goberno local por eliminar elementos obsoletos do mobiliario público da cidade. O edil censura que as instalacións deste tipo, en desuso desde fai anos, permanezan nas rúas contribuíndo a degradar a paisaxe urbana

Lugo, 5 de novembro de 2020.  O concelleiro de Cs Lugo Juan Vidal-Pardo esixiu esta mañá ao Goberno local a retirada das cabinas de teléfono e das maquinas do servizo da ORA. O concelleiro censurou a falta de interese do Goberno local por eliminar elementos do mobiliario urbano obsoletos cuxa presenza contribúe a degradar a paisaxe urbana e constitúen un obxectivo para actos vandálicos. «A presenza das maquinas do servizo de regulación de aparcamento, suspendido desde fai anos, ou a permanencia das cabinas de teléfono en moitas rúas da nosa cidade constitúen un anacronismo urbano que degrada a nosa cidade», sostivo o concelleiro da formación laranxa.

Vidal-Pardo criticou con dureza a falta de coidado demostrado neste sentido polo executivo de Méndez, incapaz de levar a cabo nin unha soa xestión para lograr este obxectivo. «Trátase dun problema sintomático que exemplifica á perfección a ausencia dunha xestión eficaz sobre a conservación do entramado urbano e os seus elementos. Tanto as cabinas como os expendedores do tiquet da ORA constitúen elementos de risco para os viandantes con deficiencia visual como barreiras totalmente innecesarias. Deben retiralos xa», argumentou o edil.

Sen noticias da ordenanza reguladora de publicidade exterior 

Vidal-Pardo asegurou que a inacción do Goberno local na retirada de mobiliario público obsoleto, unido á inexistente ordenanza de publicidade exterior, demandada por este grupo desde fai anos, ou a falta de regulación de lonas para ocultar fachadas en mal estado, suman un conxunto de aberracións inadmisibles que degradan a cidade. «A falta de sensibilidade deste Goberno local por aspectos tan básicos para evitar o feismo urbano ten como triste resultado unha imaxe da nosa urbe que non se corresponde co potencias estético de Lugo. É necesario tomar medidas neste sentido. Trátase só dunha cuestión de vontade política», concluíu o concelleiro.