·      A voceira municipal, Olga Louzao, criticou a actitude do Goberno local cos espazos peonalziados e sinalou que a falta de control esta a xerar queixas veciñais polo conitnuo tránsito de vehículo pola rúa Isaac Díaz Pardo

Lugo, 20 de outubro de 2020. A portavoz municipal de Cs, Olga Louzao, reclamou esta mañá un maior control sobre os espazos peonalizados de forma temporal no barrio de Recatelo. Louzao denunciou que a falta de implicación do Goberno local na supervisión desta nova zona libre de vehículos está xerando numerosas queixas veciñais. «Existe malestar entre os veciños e propieatarios de negocios da zona pola falta de supervisión. Cónstanos que non existe ningún tipo de control por parte da Policía local no acceso á rúas Isaac Díaz Pardo. O Goberno local limitouse a instalar un valado a modo informativo e moitos condutores fan caso omiso da normativa e non só circulan cos seus vehículo polas rúas interiores de Recatelo, senón que estacionan nelas. É necesario revisar o sistema de acceso a Recatelo para os non residentes», sinalou a concelleira da formación laranxa.

Louzao censurou a actitude do Gobeirno local ao que critica a súa incapacidade para xestionar tan siqueira un dos aspectos básicos da convivencia como son as normas de tráfico. «O Goberno local de Lara Méndez evidencia unha vez máis a súa incongluencia e as súas continuas cotradiccións: asegura que aposta por unha cidade onde o peón sexa o protagonista pero despois é incapaz de garantir a súa seguridade nunha zona delimitada únicamente para peóns e residentes de apenas 200 metros de lonxitude», sinalou a edila.

Cs reclama a peonalizaición definitiva, como en Vila de Sarria

A portavoz municipal asegurou que a súa formación solicitará que se cumpra o acordo plenario aprobado o pasado mes de febreiro a proposta de Cs para a peatonalzaición da zona. «Esixiremos que se inclúa nos orzamentos de 2021 unha partida para executar a ponalización real e efectiva de Isaac Díaz Pardo do mesmo xeito que se executou con éxito a da rúa Vila de Sarria», apunto a edila. Peonalizar non consiste en poñer conos ou valas e esquecerse. É necesario exercer un control duranmte unha etapa de transición,  humanizar os espazos e acondicionalos para un uso prioritario das perosoas. O Gobeirno xa sabe cal é o modelo a seguir en Recatelo: a rúa Vila de Sarria », concluíu.