· La portavoz municipal, Olga Louzao, asegura que a ineficacia dos actuais trazados non satisfai as necesidades da veciñanza, como a conexión co polígono do Ceao coa frecuencia e nos horarios axeitados. Ademais critica o estado das paradas, a falta de información e sinalizaicón e urxe a implementar unha aplicación móvil.
Lugo, 19 de outubro de 2020. A portavoz municipal de Cs, Olga Louzao, lamentou esta mañá o atraso do Goberno local na implantación das novas rutas de transporte urbano. «É inadmisible a falta de dilixencia mostarda polo BNG na implantación dunha das principais necesidades da nosa cidade. Acumulamos máis dun ano de atraso desde que comezaron os traballos para a implantación das rutas no que é unha demostración clara de ineficacia na xestión. Esiximos que Arroxo aporte solucións de forma urxente, pola contra consumirase a lexislatura sen que o transporte público cumpra a súa función no noso municipio», asegurou a edila da formación laranxa.
Louzao criticou que o funcionamento deficiente do servizo, con rutas desfasadas, excasas frecuecnias e longos percorridos, leve a moitos usuarios e potenciais usuarios a buscar solucionmes de mobilidade alternativas. «Lugo está perdendo unha oportunidade única de contar cun servizo de tánsporte público eficaz. É unha incongluencia falar de crear novos espazos peonís e unha cidade onde o peón sexa a prioridade senón somos capaces de ofrecer alternativas ao coche particular. En este sentido contar cun trasnporte público eficazes é clave», aseguro a concelleira.
Louzo criticou o uso propagandístico que o BNG está facendo con este asunto. «Desgraciadamente están imitando o modus operandi dos seus socios de Goberno: anuncios grandilocuentes pero nula concreción dos proxectos. De nada serve que contemos con novos autobuses si os percorridos que fai non son útiles para a poboación. É imposible contar cun servizo que non sexa deficitario, que creza en viaxeiros e que sexa ao mesmo tempo enerxéticamente eficaz senón se usa», sinalou.
Mal estado das paradas e pouca información
Louzao lamentou que o Gobieno local non traballe en modernizar a rede de paradas de bus. «Contamos cunha rede de paradas completamente obsoleta. En moitas delas non se conta siquiea coa información dos horarios e as rutas. Ademais o movilairio está deteriorado e existe unha falta de mantemento alarmante. Non se eliminan pintadas desde fai máis dun lustro. É realmente decepcionante», dixo Louzao. Para concluír a edila de Cs reclamou a posta en marcha dunha aplicación movil eficiente que permitirá coñecer a localización de cada bus. Deste xeito, os usuarios poderán elixir parada e liña antes de que se poñan en marcha as prometidas pantallas nas paradas, que a este ritmo tardarán anos xa que a súa implantación é lenta. Non podemos eprder máis tempo», concluíu Louzao.