·      A voceira municipal, Olga Louzao, censurou a inacción do Goberno local e advirte que os contratos da EDAR e a ATAP están caducados desde hai 8 anos, o que supón máis de 3 millóns de euros pagados ao ano con reparos de legalidade

Lugo, 14 de outubro de 2020. A voceira municipal de Cs, Olga Louzao, denunciou está mañá a situación irregular da xestión da planta depuradora de augas residuais e da estación de tratamento de auga potable. « Desde hai case unha década esta administración local realiza pagos irregulares cada mes polo mantemento da planta depuradora de augas residuais (EDAR) e polo mantemento da estación de tratamento de auga potable (ETAP), o que supón máis de 3 millóns de euros ao ano pagados con reparo de legalidade por non existir contrato en vigor e non axustarse á Lei de Contratos da Administración Pública», sinalo a concelleria da formación laranxa.

Louzao esixe dar unha solución de inmediato o servizo de  mantemento de ambas plantas. «No anterior mandato, foron facilitados informes desde o servizo de Medio Ambiente nos que se facían constar os pasos necesarios que faltaban para proceder á nova contratación, que durante os últimos anos, non mudaron nin se avanzou nesa tramitación. Así mesmo, no pleno de outubro de 2019 o concelleiro de Medio Ambiente, Álvaro Santos, asegurou que o Goberno local estaba avanzando neste asunto, pero un ano despois a situación de ambas plantas segue a ser ilegal e a xestión do ciclo integral do auga e un auténtico despropósito. O propio departamento estima que estamos deixando de recadar entre 0 27% e o 36% do total dos ingesos do Concello», afirmou.

Para argumentar a súa posición Louzao puxo en evidencia as contas municipais. «Na actualidade este servizo ten un déficit tarifario que supera o 30%, que se leva incrementando nos últimos anos como consecuencia da conxelación e non actualización das ordenanzas fiscais. Isto leva consigo que un terzo aproximadamente do custe total sexa soportado directamente por esta administración, incumprindo, deste xeito, a normativa comunitaria ao respecto, xa que  a  Directiva Marco da Unión Europea obriga desde o 2010 a repercutir na tarifa o custo real do tratamento e mantemento do ciclo da auga para fomentar a responsabilidade dos usuarios na redución do consumo

O servizo municipal en precario que deixa de recadar 1,5 millóns de euros ao ano 

A voceira municipal criticou así mesmo a nefasta xestión que o Goberno local está a levar a cabo no departamento municipal de augas onde se está perdendo cartos e desmantelando os recursos humanos. «A merma de persoal neste servizo supón que sexa un dos que máis queixas e reclamacións dos cidadáns recibe, sobre todo pola acumulación de trimestres sen lectura real.  Sen persoal suficiente son maiores as reclamacións e sen medios técnicos resulta compricado controlar, por exemplo,  os posibles fraudes nos subministros. Non contar cos recursos humanos e técnicos suficientes, sen dúbida, repercute na prestación eficaz e eficiente dun dos servizos prioritarios e básicos desta administración» sinalou Louzao.

Por iso, consideramos urxente dotar a este servizo municipal dos medios necesarios para poder realizar a súa labor nunhas condicións óptimas e evitar que o servizo de augas continúe colapsado. Os ingresos que recibe o Concello en concepto de taxas polo subministro de auga potable e de sumidoiros supoñen unha cifra moi importante nos ingresos totais do Concello de Lugo. Sen embargo, a recadación neta ten un desfase de máis dun millón e medio de euros, o que é síntoma dos problemas de xestión neste servizo», concluíu.