·      O concelleiro de Cs, Juan Villar-Pardo, pide ao Goberno local que deixe de negar a evidencia e solicítalle que escoite ao tecido asociativo da cidade, en contacto permanente con afectados por esta lacra. Solicita a Méndez que recapacite e acepte a proposta de Cs de desenvolver un protocolo municipal contra a ocupación

Lugo, 2 de outubro de 2020. Os concelleiros de Cs en Lugo, Olga Louzao e Juan Vidal-Pardo, reuníronse onte coa directiva da Federación de Asociacións de Veciños de Lugo para coñecer de primeira man a postura do colectivo respecto ao problema da ocupación. «Trala negativa frontal do grupo de Goberno no pasado pleno á nosa iniciativa para desenvolver un protocolo municipal contra a ocupación argumentando que non representaba un problema na cidade, decidimos, de novo,  coñecer de primeira man a opinión do tecido asociativo. O que nos transmitiron non pode ser máis claro: non comparten o criterio do Goberno local en relación coa ocupación. Estamos ante un problema real que está en continuo crecemento na nosa cidade. O seu testemuño obríganos a redoblar esforzos para intentar que, dunha vez por todas, todas as administracións, incluído o Concello, acepten a realidade e se involúcren no problema», sinalou Vidal-Pardo.

«O noso obxectivo é activar mecanismos dentro desta Administración local para que, en coordinación cos corpos de seguridade do Estado, podamos asegurar a devolución dos inmuebles ocupados ilegalmente aos seus lexítimos propietarios nun prazo de horas. O noso plan levaríase a cabo en coordinación coa Xunta de Galicia. Esta ferramenta inclúe medidas de reforzo da seguridade e a vixilancia de inmuebles abandonados susceptibles de ocupación ilegal, especialmente na zona norte da cidade. Tamén prevé a posta a disposición dos propietarios afectados de servizos de asesoramiento e orientación xurídica», apuntou o edil.

A alcaldesa debe deixar de mirar para outro lado
Vidal-Pardo criticou o que, na súa opinión, é un negacionismo incomprensible por parte do Goberno de Lara Méndez. «Instamos ao Goberno local a que se involucre nesta tarefa e deixe de mirar para outro lado. O problema da ocupación non se limita a unha lexislación estatal inadecuada que o Goberno socialista en Madrid oponse a modificar. É necesario que todas as Administracións involúcrense ao máximo no ámbito das súas competencias para combater esta lacra», sinalou o concelleiro da formación laranxa. «Non podemos permitir que este problema siga en aumento en Lugo. É necesario contar coas ferramentas administrativas necesarias para disuadir tentativas de novas ocupacións  e dar amparo as familias afectadas ante a posibilidade de que a tendencia siga ao alza como todo indica», concluíu Vidal-Pardo.