·      A voceira municipal de Cs, Olga Louzao, instou ao Goberno local a actuar de forma urxente nesta vía con bierrúas en mal estado, problemas de seguridade viaria en un alumeado público deficiente

Lugo, 30 de setembro de 2020. A portavoz municipal de Cs, Olga Louzao, instou esta mañá ao Goberno local a actuar con urxencia na rúa López Guntín, na zona norte do municipio. Esta vía, situada no barrio da Milagrosa, presenta un estado deplorable, aínda que o firme de formigón non está moi deteriorado. «Non entendemos como o Goberno local segue sen tomar medias en López Guntín máis dun ano despois de que comezase este mandato do bipartito. Trátase dunha rúa totalmente abandoada que presenta unhas beirarrúas en estado lamentable e serios problemas de seguridade viaria que poñen en risco a integridad dos peóns», asegurou a edila da formación laranxa.

A estes problemas de seguridade vial únese a ausencia de traballos de conservación e acondicionamiento. «Existe un gran número de deficiencias nas beirarrúas causadas por unha alarmante falta de mantemento. De feito estamos recibindo continuas queixas de veciños da zona que nos relatan como transitar cun carrito de bebé ou unha cadeira de rodas é complicado. Ademais as persoas maiores que residen nesta zona difícilmente poden utilizar este vía para realizar paseos porque está ateigado de trampas. Cónstanos que os responsables políticos son coñecedores desta situación. Por iso preocúpanos máis aínda que foran incapaces de facer nada neste último ano. Esiximos ao Goberno local que realice de forma urxente os traballos necesarios para arrombar as beirarrúas e corrixir as deficiencias en sinalización horizontal e en seguridade viaria», manifestou Louzao.

Abella, A Milagrosa e A Piringalla, unha zona norte en claro retroceso
«Á manifesta falta de mantemento súmase unha iluminación pública deficiente o que engade un punto máis de peligrosidade para os peatones nas horas con ausencia de luz solar», sinalou a concelleira. «Desgraciadamente, os problemas que evidenciamos na rúa López Guntín non son un caso illado. Comprobamos como existen as mesmas deficiencias noutras vías dos barrios de Abella, A Milagrosa e A Piringalla. Lamentablemente a zona norte da nosa cidade atópase en claro retroceso e é necesario que o Goberno local realice un plan de infraestructuras específico para acondicionar rúas, beirarrúas e mellorar o alumado público para que estes barrios non queden descolgados. De non ser así a zona devaluarase cada vez máis ata chegar a un putno perigoso de marxinación, o que supón un problema serio para veciños e para propietarios», concluíu Louzao.