A portavoz municipal, Olga Louzao, asegura que trala decisión do Goberno de España de suspender a regra de gasto en 2020 é necesario que Méndez dea un paso ao fronte para inxectar o remanente municipal en proxectos e servizos que melloren a calidade de vida dos veciños e minimicen o efecto da crise consecuencia da Covid-19
Lugo, 16 de setembro de 2020. A portavoz municipal de Cs, Olga Louzao, instou esta mañá ao Goberno local a inxectar o remanente municipal en proxectos e servizos que melloren a calidade de vida dos veciños e minimicen o efecto da crise consecuencia da Covid-19. Louzao sinalou que a falta de investimento do Goberno de Méndez durante os últimos cinco anos xerou unha liquidez próxima aos 40 millóns de euros que deben ser postos a disposición da sociedade a través de políticas eficientes e efectivas. «Trala decisión do Goberno de España de suspender a regra de gasto en 2020 é necesario que a alcaldesa e o seu goberno dean un paso á fronte e deseñen un plan inversor que solucione a carencias en materia social, económica, de infraestruturas e de servizos que se acumularon no municipio ao longo da última década e que se fan especialmente visibles nesta situación límite. É necesario que este Goberno defina dunha vez por todas o seu proxecto de cidade e se adiante ás necesidades sociais que están xurdindo como consecuencia da pandemia», asegurou.
«Non podemos permitir que o servizos sociais municipais esgoten os seus fondos para emerxencia social, ou que contemos cun alumado público deficiente, ou cunha rede de transporte urbano obsoleta, ou que máis de 300 familias non poidan conciliar por quedarse sen praza no servizo de comedor escolar este curso mentres os millóns acumúlanse no banco. A falta de solucións demostrada polo bipartito é alarmante», sinalou a concelleira quen á súa vez afeou a predilección de Méndez por proxectos baleiros e efectistas. «A alcaldesa inclínase por ideas como a pasarela de máis dun 1 millón de euros sobre a N-VI, un edificio eficiente pero sen contido ou destinar 500.000 euros a un centro de soporte á Administracion Electrónica cando esta está aínda escasamente desenvolvida no noso municipio, é pouco operativa e obxectivamente ineficaz», proseguiu a portavoz da formación laranxa.
«Investimento para mellorar a calidade de vida, non para autobombo»
O 100% do superávit debe ser destinado a paliar os efectos da pandemia e as carencias históricas da nosa cidade en materia social, asistencial e de servizo público dentro das competencias locais. É necesario que a alcaldesa deixe de mirarse o ombligo e analice a situación que se vive na rúa. Censuraremos iniciativas como a pasarela sobre a N-VI ou o edificio verde mentres barrios como Paradai, O Carme, Quinta de Pérez, Recatelo, As Gándaras ou Padre Feijoo sigan agonizando por falta de investimento municipal. É necesario corrixir o rumbo e reformularse cales son as necesidades dos veciños e veciñas de Lugo», concluíu.