•   O concelleiro de Cs Lugo, Juan Vidal, considera insuficiente as medias tomadas ata o momento polo Goberno local para reactivar a economía local tralo estado de alarma

Lugo,  17 de xuño de 2020.  O concelleiro de Cs Lugo, Juan Vidal, propuxo esta maña dúas iniciativas que teñen por obxectivo dinamizar a economía local e apoiar o comercio de Lugo. Cs aposta por sacar o comercio ás rúas a través de campañas de rúa adaptada e crear microcréditos para pymes a custo cero. «Desde o noso Grupo municipal consideramos prioritario contribuír, na media das nosas posibilidades como administración local, a aportar liquidez ao noso tecido produtivo. Para iso propoñemos crear unha liña de microcréditos a interese cero. Esta iniciativa pretende cubrir necesidades financeiras inmediatas de empresas e autónomos do noso municipio en risco de peche por causa da crise do Covid-19», asegurou o edil da formación laranxa.

«A través da inxección económica necesaria para afrontar os gastos correntes correspondentes ao período máximo de dous meses pretendemos evitar o cese de actividade de autónomos e Pymes e, deste xeito, combater o desemprego e evitar a desaceleración da economía local», proseguiu Vidal quen considera insuficientes as medidas tomadas ata o momento polo Goberno local para reactivar a economía luguesa tralo estado de alarma.

Comercio na rúa

Ademais Vidal considera necesario implantar medidas para reactivar o consumo local de forma paralela á posta en marcha de medidas de corte puramente económico como os microcréditos. «Do mesmo xeito, apostamos por levar a cabo varias campañas, mínimo unha por estación de aquí a final de ano, para dinamizar o comercial local a través de iniciativas de rúa adaptada. Apostamos por sacar os comercios á rúa en xornadas e horarios determinados» sinalou.

«Esta iniciativa, sempre respectando as medias de seguridade en vigor para previr o virus  no momento da súa posta en marcha, permitiría acelerar a recuperación a través de incentivar o consumo. Unha oferta de lecer complementaria á actividade comercial na rúa convertería a zona centro ou outras zonas comerciais dos barrios da cidade, en áreas comerciais ao aire libre, o que supoñería un valor engadido para este sector severamente castigado pola alteración nos hábitos de consumo» concluíu.