- A voceira municipal, Olga Louzao, considera necesario reforzar a área de Servizos Sociais para dar resposta ás problemáticas xurdidas durante o periodo de confinamento. Inta ao Goberno lcoal a reforzar as sinerxias co tecido asociativo que está en contacto día a día con este colectivo para axilizar o inertcambio de información
Lugo, 07 de abril de 2020. A portavoz municipal de Cs Lugo, Olga Louzao, instou esta mañá ao Goberno local a extremar a atención e reforzar a axuda asistencial sobre o colectivo de persoas maiores da cidade ante a prolongación do estado de alarma .«Sen dúbida trátase dun dos colectivos máis golpeados por esta crise. As persoas maiores non só están máis expostas a sufrir complicacións ao contraer o Covid-19, senón que presentan maiores dificultades para levar a cabo tarefas cotiás como as tarefas do fogar e o aseo persoal por presentar mobilidade reducida nun número significativo de casos. Ademais están máis expostas a sufrir un deterioro cognitivo ao estar sometidos a unha situación de illamento prolongada no tempo», sinalou a portavoz da formación laranxa.
Louzao considera que é urxente reforzar a actividade nas áreas municipais vencelladas con esta problemáticas. «Consideramos que desde Servizos Sociais débese apuntalar a atención sobre o colectivo de persoas maiores do noso municipio. Existe certa preocupación entre as asociacións que traballan con este colectivo debido ao gran número de complicacións que están xurdindo segundo avanza o confinamento. Cremos que é necesario coordinarse cos axentes sociais que traballan día a día con este grupo de persoas para mellorar a súa atención. É necesario facilitar información para acceder a maiores en situación vulnerable e crear sinerxias para velar pola calidade asistencial dos nosos maiores», proseguiu a edila de Cs.
«A radiografía social da nosa cidade revela que existen máis de 5.000 persoas de máis de 65 anos que viven soas en Lugo. Isto supón o 20% do colectivo e o 5% do censo total do municipio. Sen dúbida a nosa cidade presenta unhas particularidades moi definidas respecto de outros municipios e por iso esiximos que desde o Goberno Local poñan o foco neste colectivo. Apoiamos as medidas postas en marcha ata a data como a compra a domicilio a través do 010 pero cremos que son insuficientes. Débese reforzar o persoal técnico para poder levar a cabo un labor de detección de problemas máis rápido e máis eficaz. Senón a situación xeral empeorará co paso das semanas», concluíu a edila de CS.